Ed. Infantil

28 MARTES

Bos díassss,xa estamos preparad@s,pois con enerxía a polas propostas! Hoxe van de letras...

 

LETRAS

LUNS 27

Bos díass! Como estamos,que tal ese primeiro paseo fóra da casa?Como vos sentistes?Agardamos que fora un momento moi especial.

Para hoxe temos dúas propostas moi interesantes, imos xerminar unha pataca e crear pintura efervescente.Pois alá imos...

PATACA

PINTURA

 

Non vos esquezades de pasar por xunto a profe Emma,o profe Toniño e a profe Mary.E por certo,o alumnado de relixión tedes propostas no blogue da profe Cris (o blogue está na columna da esquerda debaixo do resto de blogues).

ACOMPAÑARVOS NO MOMENTO DE SAÍR

Familias este domingo,como xa sabedes, @s pequech@s poderán saír de casa,tendo en conta algunhas normas.

Decidimos pois, dende o equipo de infantil acompañarvos nese momento tan esperado e necesario,pero tamén un momento de coidado e tranquilidade,para iso elaborouse un pequeno documento cunhas pautas,que aquí vos deixamos para facer uso del,se considerades.

E non esquezades que estamos aquí para o que necesitedes.

PREPARANDO A SAÍDA

PAUTAS

PICTOS

VENRES 24 DE ABRIL

Bos días,xa estamos a venres.Hoxe temos unha sorpresiña,a proposta de hoxe vén dun ratiño,sabedes de quen,gústanlle moito os libros...Deixámosvos con el,a ver que vos conta.

PRESENTACIÓN

PROPOSTA 

 

Logo de facer as propostas mirade isto...

 

E xa para rematar deixámosvos o conto de hoxe creado por nen@s para todos os públicos...

 GRACIAS FAMILIA

XOVES 23 FELIZ DÍA DO LIBRO

Bos días,hoxe é un día cargadiño de cousas,así que con enerxía.

Antes de nada,felicitarlle o cumple a Naia de 4ºInf.Moitas felicidades pequerrecha.

Como hoxe é o día do libro para celebralo imos empezar cunha serie de contos,contados por nen@s para todos os públicos...empezamos co primeiro.Agardamos que vos guste tanto coma nós.

GRACIAS FAMILIA

 

E agora as nosas propostas para hoxe,toca buscar opostos,escoitade a canción a ver que nos di e logo a pola proposta.

 

 

PROPOSTA DE OPOSTOS

 

Non vos esquezades de visitar á profe Emma,ao profe Toniño e á profe Mary.E como non,a MIK na biblioteca,mandádelle as vosas propostas,algúns xa sabemos que o fixestes,que son moi importantes para el.

 

MÉRCORES 22

Bos díassss,xa almorzamos e estamos preparad@s para o día de hoxe?Pois atentos que hoxe temos unha visita dun bichiño moi interesante, escoitade,escoitade...

E para acompañar esta cantiga,aquí vai a proposta...

CARACOL

MARTES 21 DE ABRIL

Bos días,xa estades preparad@s para as propostas de hoxe? Pois comezamos.Hoxe toca usar o enxeño para adiviñar e logo a pintar.Non vos esquezades de compartilo connosco.

ADIVIÑAS

 

PINTAR

 

Ide visitar á profe Emma,ao profe Toniño e á profe Mary,a ver que vos teñen preparado para hoxe.

LUNS 20

Bosss días,empezamos unha nova semana,con forza e ánimo,que parece que prontiño poderemos saír a respirar un ratiño.

Hoxe temos dúas propostas moi interesantes nunha teremos que convertirnos en maquillador@s e noutra necesitamos da vosa axuda para mellorar o noso patio.Pois empezamos...

 

A MAQUILLAR

 

PATIO

 

Non vos esquezades de pasar por xunto Emma (hoxe proponvos un reto moi interesante),Toniño (hoxe ten un xogo de moita concentración,moi divertido) e Mary (cantar en inglés).

VENRES 17

Bos díasss, xa estamos a venres e para rematar esta semana temos unha proposta moi sensorial,toca coller ingredientes e a experimentar...A ver que cousas tan chulas vos saen...

 

EXPERIMENTAR

 

Non deixedes de pasar por E.física,música e inglés.

 

BOA FIN DE SEMANA,VOLVEMOS O LUNS.

XOVES 16

Bos días,

Hoxe toca crear para xogar e logo entoar unha canción un tanto peculiar.

Escoitade o título da canción,seguro que vós tamén sodes capaces de dicilo,mandádenos a proba.

TANGRAM

 

E agora a canción...

Distribuir contido