1º Ciclo

BOS DÍAS AQUÍ ESTAMOS 1º

Bos días estimadas familias de 1º:

Agardo que todos esteades ben e organizando con tranquilidade estes días na casa. Esto é unha proba por si é necesario que teña que descargar material complementario o xa enviado o venres a todas as familias. Lembravos de que contades co meu correo da xunta para calqueira dúbida.

Neste momento tamén hai moitas páxinas web gratuitas de xogos didácticos e de actividades que seguro que estades compartindo.

Unha gran aperta para todos e todas. Xuntos na casa ( os que podedes claro está )

Vémonos pronto, MªJosé

REMATOU O 1º TRIMESTRE

 

Rematamos o 1º Trimestre e agora xa só nos quedan dous para seguir aprendendo, esforzándonos e disfrutar moito do que facemos.

Xa temos aí dentro duns días o Entroido. De que nos disfrazaremos?

 

 

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O mércores 15 de abril os nenos e nenas de 2º tiveron a segunda sesión do obradoiro "Camiña con nós pola igualdade".

Lemos un libro " O país dos mandóns" e falamos sobre a igualdade de oportunidades para os dous xéneros. Aprendimos moito.

 

INVESTIGANDO NUN MURAL

    O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. A biblioteca do centro propuxo investigar e recadar información sobre sete mulleres que fixeron importantes achegas no ámbito científico e completar un mural entre todos.

    Nós empezamos hoxe 4 de marzo  a investigar e aquí estamos pensando e repensando cousas....

 

 

 

OBRADOIRO DE RECICLAXE 2º CURSO

Hoxe 23 de febreiro os nenos e nenas de 2º asistiron a un obradoiro de reciclaxe patrocinado polo Concello de Vigo.

Aprenderon moito sobre a utilización dos diferentes colectores e demostraron  tod@s que sabían moito sobre separación de materiais e reciclaxe.

Ao final da actividade recibiron un agasallo que lles fixo moita ilusión.

 

 

 

CHARLA TEORICO-PRÁCTICA SOBRE O CORPO HUMANO

         O martes 2 de decembro estiveron con nós Alex ( pai de Nerea ), Esther e Marcos.Aprendimos moitas cousas e xogamos co corpo.

    Primeiro fixemos exercicios de quecemento dos músculos e das articulacións. Explicáronnos moitas cousas do esqueleto, cerebro, corazón, pulmóns, tipos de respiración... Tamén nos explicaron como hai que facer cando se para o corazón e que sempre debemos chamar ao 112.

     Fixemos un circuito moi interesante, cheo de diferentes probas e rematamos facendo exercicios de relaxación.

        Que ben o pasamos! Moitas grazas por estar con nós !

     

 

 

  

OBRADOIRO DE IGUALDADE

 

Hoxe  3 de decembro os nenos e nenas de 2º tiveron unha charla sobre a igualdade entre as persoas. Todos e todas somos quen de realizar a profesión que nos guste e que queiramos.

Camiña con nós pola igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. A finalidade do programa é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.

 

 

 

 

 

 

 

Temos visitas en Segundo

 

    Estes días os nenos e nenas de 4º veñen moito a nosa clase a ensinarnos obxectos da súa exposición da Luz: lámpadas de sal, de petróleo. Un preciosísimo candil e dúas cámaras de fotos antigas. Ademais explicáronnos moi ben o seu funcionamento.

    Moitas grazas Alex, Ania, Celia e Rubén

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP ILLAS CÍES

Por fin chegou o día!

O alumnado de primeiro e segundo coñeceu aos seus compañeiros e compañeiras dos mesmos cursos do Ceip Illas Cíes cos que intercambiaron ao longo destes meses agasallos e correspondencia.

 

 

 

 

  Foi unha xornada inesquecible e emocionante.

Carta do alumnado do CEIP Illas Cíes

Hai uns días o alumnado de 1º e 2º recibiu unha serie de agasallos e cartas dos nenos e nenas do Ceip Illas Cíes. Pronto enviaremos a nosa resposta.

Distribuir contido