BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

blogue deadmin2

NOVA VERSIÓN DA ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN

Adxuntamos a nova versión da enquisa de autoavaliación que corresponde ao Protocolo aprobado e un modelo de comunicación de casos ás familias seguindo o modelo establecido polo Ministerio de Sanidade nas súas instrucións para centros educativos do 10 de setembro. 

ACTUALIZACIÓN RELATIVA AO PLAN DE CONTINXENCIA PUBLICADA O 23 DE SETEMBRO

No ficheiro adxunto atoparedes a actualización relativa ao Plan de contixencia publicada o 23 de Setembro. Confiamos na responsabilidade das familias para facer o cumprimento das medidas de protección (enquisa de autoavaliación de síntomas diaria, non enviar ao voso fillo/a ao centro escolar en caso de sintomatoloxía compatible coa COVID-19).

Estamos á vosa disposición para calquera dúbida a través das canles habituais.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS, E MOITO ÁNIMO!Sorriso

COÑECE A NOVA ORGANIZACIÓN DO NOSO CENTRO...

Aquí deixamos unha breve presentación visual da nova organización dos espazos do centro neste curso tan atípico.

Pinchade na imaxe para acceder.

CANDO NON DEBO LEVAR O MEU FILLO/A AO COLEXIO?

O protocolo da Xunta establece que antes de acudir ao centro debemos realizar esta autoavaliación.
Se aparecen dous síntomas da enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
Debemos comunicar a ausencia ao colexio.
Vos deixamos aquí a enquisa, lembrade tela a man para coñecer ben os síntomas.
Debemos ser responsables, grazas familias.
 

SYMBALOO CON RECURSOS

Compartimos o Symbaloo do noso cole no que iremos recollendo diferentes recursos para traballar diferentes aspectos relacionados coa COVID-19. 

INICIO DE CURSO 2020-21

Queridas familias. O curso escolar en Galicia comezará o día 10 de setembro coa INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO do seguinte xeito, como podedes atopar na web da Consellería de Educación (enlace Web Consellería).

- Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 de setembro serán o alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

- Ao día seguinte, o venres 11 de setembro, iniciarán o curso escolar o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria (excepto 3 anos).

- O alumando do 4º curso de Educación Infantil (3 anos), comezará o Período de adaptación o venres 11 de setembro.

 

O luns publicaremos o  horario detallado de entradas e saídas por cursos. Adiantamos que serán de forma escalonada para evitar aglomeracións. Antes do inicio das clases darémosvos a coñecer o noso Plan de Adaptación á Situación Covid a través da nosa web. 

Dende o Centro estamos tomando as medidas necesarias, segundo os medios dos que dispoñemos, para crear un entorno o máis seguro posible para o noso alumnado.

ÁNIMO PARA TODOS/AS, DESEXAMOS QUE TODO SAIA BEN!!!

FIN DE CURSO

                                  TODO VAI SAÍR BEN!

     VÉMONOS EN SETEMBRO CON MOITA ENERXÍA 

 

                      FELIZ VERÁN!

                                            SOL Y ARCOIRIS - Juegos Gratis Online en Puzzle Factory

                                                

 

LISTA DE LIBROS CURSO 20/21

ADMISIÓN DEFINITIVA 2020-21

ESTÁN ADMITIDAS DEFINITIVAMENTE TODAS AS SOLICITUDES DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2020-21.

O PRAZO DE MATRÍCULA SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO DE 10:00h A 13:00h.(Recoller os impresos no colexio)

A REUNIÓN PARA  ESTE ALUMNADO SERÁ O PRÓXIMO MARTES 30 DE XUÑO ÁS 18:00h.(Asistirá unha persoa por familia e será de uso obrigatorio a máscara).

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR,LIBROS E MATERIAL

O prazo para solicitar as axudas escolares municipais  será do 25 de xuño ao 22 de xullo.
 
As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260.
 
As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño.
 
Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a súa solicitude  a través dela.
 
 PREMER EN 4 ADXUNTOS PARA ABRIR E DESCARGAR OS DOCUMENTOS 
 Están preparados para a súa tramitación telemática.
 
 
 
 
 
Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo