BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

blogue deadmin2

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL 2020-21

PINCHA NO SEGUINTE ENLACE PARA OBTER INFORMACIÓN:
 Fondo solidario de libros:  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.(todo o alumnado ten que solicitalo)
 Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.(para rentas per cápita ata 10000 euros) e EE.Teñen que solicitar o alumnado de 5 anos que pasa a 1º de Primaria)
 Axudas para adquirir material escolar: Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.(para rentas per cápita ata 6000 euros)e EE.
 A renda per cápita resulta de sumar o recadro 432 e 460 da declaración da renda do ano 2018.(suma de ingresos da unidade familiar dividido entre o número de membros se non hai declaración).Computan todos os membros que convivan e a persoa proxenitora separada legalmente o divorciada cando haxa custodia compartida.
 O curso para o que solitamos axuda é para o seguinte no que está o alumnado actualmente.
 
Prazo de presentación de solicitudes:

- Do 2o de maio ata o 19 de xuño de 2019.

  SOLICITUDES: Cumprimentadas correctamente,asinadas.(NON SON NECESARIAS AS FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA ,SÓ SE É O CASO A FOTOCOPIA DA SENTENCIA DE SEPARACIÓN CANDO NON ESTE ACTUALIZADA NO COLEXIO A DATA DE DECEMBRO DO 2018)

-Os/As irmáns deben ir xuntos na mesma solicitude.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO ( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º E.P.)

 PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

1O DE XULLO DE 2020

RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

 11 E 12 DE XULLO DE 2020

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

20 DE XULLO DE 2020

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO

AO COMEZO DE CURSO

 

 

 
 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informamos dos seguintes puntos:

1. No terceiro trimestre do curso 2019-2020 o traballo do alumnado centrarase especialmente no desenvolvemento das actividades de recuperación, repaso, reforzo, e afondarase nas aprendizaxes xa traballadas nos dous primeiros trimestres do curso.

2. As actividades propostas serán avaliables, flexibilizando os criterios de avaliación para adaptarse ás características deste terceiro trimestres.

3. Propoñeranse actividades de avaliación periódicas.

4. Proximamente publicaranse na nosa páxina web as programacións de cada unha das áreas adaptadas ás características deste 3º trimestre nas que poderán consultar:

  • As aprendizaxes de repaso ou reforzo a realizar e a metodoloxía empregada.
  • Os procedementos e instrumentos de avaliación empregados.
  • Os criterios de avaliación e cualificación.

NOVO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 Novos prazos do procedemento:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.

Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

PREMA NO ENLACE PARA MÁIS INFORMACIÓN

DÍA DO LIBRO 2020. RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NOSO ALUMNADO

Un Día do Libro diferente, nas nosas casas, pero cheo de recomendacións lectoras dos nosos nenos e nenas. Premede no ENLACE para acceder a todos os contos que nos enviaron, e lembrade, TER UN LIBRÉ TER UN AMIGO

POLOS NOSOS NENOS E NENAS...

Porque non podemos sentirnos máis orgullosos de vos...

GRAZAS NENOS, GRAZAS NENAS.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo.

GRAZAS DO PROFESORADO DO CEIP MOSTEIRO

O PROFESORADO DO CEIP MOSTEIRO QUERE DARVOS AS GRAZAS!

Esta mensaxe vai dirixida a todas as familias e tamén a cada alumno e alumna polo esforzo e o

tempo que estades adicando, dende os vosos fogares, a realizar as tarefas escolares propostas

polo profesorado.

O CLAUSTRO ENVÍAVOS UNHA FORTE APERTA E MOITO ÁNIMO!!!

MENSAXE DE ÁNIMO DO CLAUSTRO

O claustro do CEIP MOSTEIRO-BEMBRIVE quere mandarvos moita forza e ánimo nesta etapa tan díficil para todos.

Premede na imaxe para acceder ao video.

APERTAS FAMILIAS!

 

HORARIO 6ºA

Bo día familias! Deixovos aquí o enlace o meu blog "6ºA TRABALLAMOS NA CASA" onde irei colgando todas as semanas o que hai que facer e telo todo máis organizado! Sorriso

Este é o enlace:https://mosteiro6a.blogspot.com/2020/03/6a-traballamos-na-casa.html

Gracias pola vosa atención e ánimo !

AMPLIACIÓN PRAZO SOLICITUDES DE MATRÍCULA

 PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

 

INFORMACIÓN DE MEDIDAS EN RELACIÓN CO COVID-19

Estimadas familias, seguindo as medidas publicadas pola Consellería de Educación para adoptar en todos os centros de ensino non universitario, suspéndese todo tipo de actividade lectiva, incluídos os servizos educativos complementarios, a partir do LUNS 16 DE MARZO. A suspensión da actividade lectiva vai prolongarse os vindeiros 14 días naturais.

www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

Manteremos informada a toda a comunidade educativa.

Grazas pola vosa colaboración.

 

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo