Título | Resumo |
---|---|
VOLUNTARIADO |
O ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA FAI UN LABOR IMPRESCINDIBLE NO HORARIO DE RECREOS. AGASALLAN CO SEU TEMPO E O SEU TRABALLO A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, PARA QUE POIDAN GOZAR DA LECTURA E DE MOITAS ACTIVIDADES MAIS. ESTE VÍDEO É UN PEQUENO RESUMO DAS SÚAS VIVENCIAS, DAS SÚAS IMPRESIÓNS,... DENDE A EQUIPA DE BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECER A SÚA CONSTANCIA E ADICACIÓN.
|
CRÓNICAS...ATALAIA DO MUSEO MARES DE CEDEIRA |
Documental que recolle investigacións feitas na escola. Un traballo de etnografía adicado a tres sucesos que no seu tempo tinguiron de negro a vila de Cedeira. A nosa memoria.
|
A NOVA VIAXE DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
A introducción da actividade de hoxe semella un novo capítulo do conto recén publicado. Pois a decir verdade, viaxe o que se dí viaxe entendido como o movemento dun lugar a outro podería ser. E todo isto por arte de maxia da nosa biblioteca escolar e a vosa axuda, por suposto. Entre todos imos facer que Percebiño viaxe por todos os sitios que se vos ocurran. Preguntarédesvos como. Aquí vai a explicación da proposta de hoxe:
1. O primeiro que temos que facer é proporcionarlle ao noso percebe favorito un medio de transporte, que polo que podemos supoñer, no que máis lle presta viaxar pode ser un barco. Xa temos o primeiro paso: construír un barco de papel.
2. Cando teñamos o barco feito, metemos nel a Percebiño, e facémoslle unha foto.
3. O último paso pode ser o máis complicado: decidir onde imos mandar a Percebiño. Premede na imaxe para comezar a tarefa. Se precisades axuda, podedes acceder ao vídeo titorial que atoparedes un pouco máis abaixo. Ao entrar dádelle a EDITAR.
TITORIAL GOOGLE MY MAPS:
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
CANTOS DE REIS "De festas pola vila!" |
En Cedeira, "Unha vila na que a cultura ten a música como compoñente indispensable de toda celebración" (Rafael Usero), temos a fortuna de manter vivo este fermoso costume de cantar aos Reis. Dentro do proxecto "De festas pola vila" e coa intención de estimular a nosa fala, manter vivas as nosas tradicións e xa que a mellor maneira de facer isto último é que vaían pasando dunha xeración a outra; o alumnado de 2º A sérvese unha vez máis da vontade e boa disposición das familias e aprenden o canto aquel que di:
|
Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Un mércores calquera na hora do recreo isto estaría a acontecer...
E isto voltará a suceder, pero polo momento, imos facer unhas propostas para reciclar, facendo manualidades dende a casa. 1º- Quebracabezas con vasos ou tapas: Dálles cor ás tapas, rolos de papel hixiénico, vasos de iogur ou outro material de refugallo, monta 2 taboleiros coas 3 cores que escollas… e toca enredar un pouco. É unha proposta de Olga Patiño Abeixón. 2º "Orig Melra" Poesía e origami da man de Victor Rodríguez. No tempo de botar o liño, Se chove, chove amodiño Poema de: Manuel María (Terra Chá, 1954) Música: “Brincadeira” de Begoña Riobó e Xosé Liz Ambas publicacións de Aulas Galegas. Podedes compartir as vosas creacións a través de: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
SOLIDARIEDADE NA BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA |
A SOLIDARIEDADE INUNDOU O IES PUNTA CANDIEIRA CUN "MERCADILLO" SOLIDARIO A PROL DOS REFUXIADOS, ACTIVIDADE PROMOVIDA POLA BIBLIOTECA E QUE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA. RECIBIRON MOITÍSIMAS DOAZÓNS DE LIBROS E PELÍCULAS, XOGOS... E AQUELAS DESTINADAS A UN PÚBLICO MÁIS INFANTIL DECIDIRON ACHEGALAS Á NOSA BIBLIOTECA. MOITAS GRAZAS! E NORABOA!!! |
DÍA DA ÁRBORE, DA POESÍA E INICIO DA PRIMAVERA! |
|
2 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
http://www.galix.org/2020/02/adhesions-celebracion-do-dia.html
Bibliotecas Escolares de Galicia
Libros online da man da editorial Anaya:
Inventando historias con Rodari
Carlos Labraña felicítanos neste día! Vídeo conferencia dos Vagalumes de 4º A comentando lecturas para celebrar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. |
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO |
EN 1ºB ESTANSE CONVERTINDO EN BOOKTUBERS!!!
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - MARTÍN - 1ºB from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo.
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - MARCOS - 1ºB from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo.
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - ALEJANDRO - 1ºB from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo.
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - FERNANDO - 1ºB from REBECA LEÓN on Vimeo.
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - LUCÍA R. - 1ºB from REBECA LEÓN on Vimeo. |
DÍA DO LIBRO - OS NOSOS LIBROS FAVORITOS |
|
ROSALÍA DE CASTRO |
OBRADOIROS DE POESÍA NOS RECREOS. CANTÁMOSLLE A ROSALIA DE CASTRO.
|
DOCUMENTAL "AS LAVANDEIRAS" |
NA HONRA DE TODAS AS QUE DEIXARON UN BRANCO ESPECIAL. AGRADECER ÁS FAMILIAS E AO POBO A TRANSMISIÓN ORAL E O ACOMPAÑAMENTO PARA CONSEGUIR QUE O PATRIMONIO PERMANEZA VIVO. DRAMATIZACIÓN E DOCUMENTAL ELABORADO POLO ALUMNADO: VAGALUMES DE 3ºA E ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO XUNTO COAS AVOAS LAVANDEIRAS E AS ATURUXEIRAS DE CEDEIRA. COLABORAN NA MÚSICA: BEATRIZ LEONARDO, ELSA LÓPEZ, FERNANDO VILLAR, MARCOS CASAL, LARA LABRAÑA, ANXO MOREDA E ANDREA LOUREIRO (alumnado de ambos centros) e SILVIA PICOS.
|
FORMACIÓN DE USUARIOS - KAHOOT | |
NOVO PREMIO DE CARLOS LABRAÑA |
Percebín anda moi contento! vén de acadar de literatura dramática infantil.
NORABOA!!! A súa obra O valo é unha homenaxe a todas as persoas que abandonan o seu país fuxindo da guerra, "para que non permanezan no esquecemento e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valos, aramados, muros e fronteiras que separan os seres humanos". |
FELIZ DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR #euquedonacasa #bescoaresgalabertas |
Preme no rectángulo da imaxe situada baixo este pequeno texto para acceder ao conto. Na parte superior atoparás a imaxe dun libro, preme e escolle deslizar para poder ir vendo a historia de Percebiño páxina a páxina.
Debaixo destas palabras podes descargar as ilustracións de Percebiño para colorear.
|
Érica Esmorís no cole |
Érica Esmorís visitounos o día 20 de abril e fíxonos unha presentación aos alumnos de 5º e 6º. Foi moi divertido, díxonos as súas aficcións e explicounos como é escribir un libro, tamén nos firmou os libros de "Nena e o mar".
REPORTEIRAS: Giulia (5ºA) e Candela R (5ºC) |
Petos novos!!!! |
Os petos dos encargados substituíronse polos novos petos, son moi bonitos!
TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA) |
LAVANDEIRAS! PROCESO DE LAVADO. PATRIMONIO INMATERIAL. |
CONTINUANDO CO PROXECTO INTERCENTROS, OS VAGALUMES DE 3º A, VISITAN AO ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E, TODOS XUNTOS, FANLLE UNHA ENQUISA ÁS AVOAS. ASÍ OBTEÑEN A DOCUMENTACIÓN ORAL. EN BREVES PODEREDES ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO CON TODA A INFORMACIÓN! ISTO TAN SÓ É UN PEQUENO ADIANTO. Moitas gracias ás familias e a todo o alumnado implicado. |
PROXECTO "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" #euquedonacasa |
A proposta de hoxe vai adicada a complementar o noso proxecto "Contra o cambio...eu cambio. E ti?" Estes días tamén podemos facer moito polo medio ambiente. Non esquezades reciclar e pero aínda máis reducir (seguro que é algo que todos estamos facendo, aproveitar ao máximo cada producto). Convidámosvos a entrar nestes xogos e links e a través deles aprender unha morea de cousas, pero xogando que é o que máis nos gusta facer! RECOLLE (xogo de asociar de 3 a 6 anos) CORRE E PERCORRE (de 6 a 12 anos) ÚNETE, TI DECIDES (xogo de toma de decisións de 12 a 16 anos) SALVA A LAS EXPECIES DE LA EXTINCIÓN RECURSOS RECICLAXE EN PDF (primaria) RECURSOS RECICLAXE EN PDF (infantil) RECURSOS RECICLAXE EN PDF (adultos) RECURSOS EDUCATIVOS DE RECICLAJE (a maioría pdf) Vídeo compostaxe Vídeo contaminación ambiental para niños Coidado do medio ambiente vídeo |
A COLECCIÓN DE PALABRAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Xa está lista a colección de palabras. Que bo traballo fixeron as rapazas e rapaces! O seu esforzo mereceu un agasallo: unha foto con Percebiño.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Día Mundial da Radio: entrevista a Antía Yáñez. |
Celebramos o Día Mundial da Radio (13 de febreiro) cunha entrevista á escritora Antía Yáñez, autora do libro "Plan de rescate" gañador do premio "Agustín Fernández Paz" pola igualdade, do cal adquirimos 20 exemplares para a nosa Biblioteca Escolar. O equipo de dinamización da Lingua Galega en coordinación co resto de equipos, ideou esta fantástica actividade que non vos podedes perder! Queremos agradecer a Antía Yáñez a súa amabilidade e dispoñibilidade , e a nosa veciña Guadi Galego por ofrecernos sempre as súas fermosas cancións para as nosas publicacións.
|
LECTURAS ZEN - ESPAZO ARGALLEIRO |
CREAN MÁNDALAS CON FOLLAS E FLORES. CLASIFICAN, PINTAN, ESCOLLEN LIBROS E LEN… PERO A POESÍA É MAXIA E APARECE ENTRE AROMAS DE PÉTALOS PARA MANDAR MENSAXES. |
CUENTOS |
|
DÍA DA POESÍA |
Dado que este ano a homenaxeada polas Letras Galegas é Xela Arias, os Vagalumes de 1ºC, decidiron investigar a súa biografía dende a web da Primavera das Letras, así descubriron a Xela poeta, pero tamén a persoa. Na Biblioteca Carlos Labraña continuaron profundizando e realizando unha escolla das súas poesías.
Posteriormente deseñaron un marcapáxinas en Canva para plasmar as composicións. Escollendo unha caricatura das ofertadas na Primavera das Letras.
Remataron practicando o recitado, sós ou en compañía, libremente por todo o espazo da biblio.
|
PUNTOS DE LECTURA CENTRO DE SAÚDE - LETRAS GALEGAS |
O VOLUNTARIADO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES IES PUNTA CANDIEIRA E "CARLOS LABRAÑA", COA COLABORACIÓN DA BIBLIOTECA LÓPEZ CORTÓN, VEÑEN DE DOTAR DE DOUS PUNTOS DE LECTURA ÁS SALAS DE ESPERA DO CENTRO DE SAÚDE DA VILA E RENOVAR O XA EXISTENTE EN PEDIATRÍA. ESTAMOS MOI LEDOS DE LEVAR O PRACER POLA LECTURA FÓRA DAS BIBLIOTECAS E FACER QUE O TEMPO DE ESPERA DE TODO O QUE VISITA O CENTRO SEXA MOITO MÁIS AMENO. AGRADECER A AUTORIZACIÓN Á DIRECCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE. PARABÉNS AO NOSO VOLUNTARIADO POR SEMENTAR SOLIDARIDADE! COMO PODEDES OBSERVAR A BOA ACOLLIDA NON SE FIXO ESPERAR. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »