Skip to main content

ARTE

V XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 2º de Primaria ten o pracer de convidarvos

á representación da obra de teatro Mares de Cedeira.

Unha obra inédita de Carlos Labraña feita para a nosa biblioteca,

onde os protagonistas son Percebiño e os seus amigos/as.

Será o vindeiro 3 de xuño, con tres pases: 10:30 h, 12:30 h e ás 20:00 h.

 

 

 

Este será o resultado do traballo dun curso escolar con 47 persoas

miúdas en escea, pero grandes actrices e actores!

A rapazada será capaz de transmitirnos o mellor de si mesma,

trasladarnos a un gran problema medioambiental, coa axuda da linguaxe

corporal, as artes, a imaxinación e as palabras.

 

 

 

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao

mesmo tempo poderedes comprobar como este curso

medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 


 

 

 

FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA COMUNIDADE EDUCATIVA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #DiadoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Hai lugares tranquilos no medio do ruído. Son

 

illas, son oasis, son espazos entornados,

 

silenciosos, en que podemos camiñar entre o

 

pasado e o futuro. Espazos que acubillan os

 

artefactos perfectos que nos conectan coa

 

eternidade.

 

Desde os andeis das bibliotecas os lombos

 

chaman a nosa atención.

 

Chegaron os libros, de preto ou de moi lonxe,

 

nunha viaxe que comezou cunha palabra ou unha

 

imaxe. Despois xurdiron moitas máis, fervenza

 

creativa.

 

Con esa materia prima necesaria, o editor deulle

 

forma: alquimia.

 

Convocou forzas humanas e tecnolóxicas e

 

actuou: corrección, maquetaxe, deseño; elección

 

do papel, do tipo, do formato. E a maquinaria

 

gráfica dispuxo os ferros, as probas de cor, os

 

roletes de caucho e as catro tintas, para fusionar

 

imaxes e palabras sobre a pasta vexetal.

 

Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo.

 

 

Este texto é de Xosé Ballesteros para celebrar o Día do Libro.

 

Nós na nosa biblioteca, somos inmensamente afortunados pois temos un autor: Quique Vázquez

 

e un ilustrador: Diego Cheda, os pais de A viaxe de Percebiño. Un conto sobre a Educación Vial

 

que naceu con nós confinados, pero que tivo un gran traballo detrás.

 


 

Hoxe tíñamos que ter moitas cousas, pero as veces, esa maquinaria da que fala Xosé Ballesteros

 

complícase e manda auga cando se quere gravar un video clip ou deixa libros sen tapas. O caso é que,

 

aínda que teñamos que esperar para iso uns días, hoxe é o Día do Libro e os dereitos de Autor, e iso

 

o temos na vila e moi orgullosos que estamos. Así que tivemos a sorte de escoitar o libro da boca

 

do seu autor, destapar un agasallo de Diego, e colorear as súas fantásticas ilustracións con acuarelas.

 

Por suposto, mentres demos cor puidemos preguntarlle todas as nósas dúbidas sobre  A viaxe de Percebiño!

 

Gracias Quique e Diego por unha tarde xuntos en comunidade!


 

 

DECONSTRUÍNDO A LUÍS SEOANE

Posted in

O Museo de Belas Artes de Coruña aproxima o proxecto Correspondencias

pensando en achegar a arte á escola nestes tempos tan complicados.

Luís Seoane é o artista escollido e estas son as deconstrucións dos Vagalumes de 1º C.

Podedes ver máis creacións clicando na imaxe.

POESÍA VISUAL - DÍA DAS BIBLIOTECAS

O alumnado de 1º C retrata á nosa mascota e todo o que ela alberga, oferta e comparte na nosa biblioteca.

 

Percebiño agarímanos con moitos recursos que axudan na nosa adocumentación, creatividade e imaxinación.

PREME PARA VER O PROCESO

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - PROCESO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes xa teñen algunhas táboas cando falamos de teatro,

pero este ano rompeu os esquemas de toda unha humanidade.

Realizaron os seus comezos, coma sempre, na Biblioteca Carlos Labraña.

 

Recibiron a visita do autor da obra escollida: Carlos Labraña. Un grande.

Tiveron o privilexio de recibir unhas clases de expresión por parte de Quique Vázquez.

Inmenso Quique!

Ensaiaron a obra e xa tiñan decidido o atrezzo e a caracterización da compañía cando

unha pandemia azoutou o mundo enteiro e mandounos a todos para casa.

 

 

 

Na protección do fogar e da familia, idearon, pensaron e tomaron unha decisión:

seguir adiante co seu soño, transformalo e facer RADIO TEATRO!

 


 

Unha das grandes preocupacións era a parte artística da obra.

Non dera tempo a facer a caracterización das personaxes a través do debuxo, como outros anos.

Así, acudiron ao mellor ilustrador que podiamos ter:

Diego Cheda, quen dá forma e caracteriza a cada unha das personaxes.

Gracias, Diego, por tanto!

Posteriormente, nenas e nenos coas súas familias crean a caracterización dos actores e actrices.

Os Vagalumes deseñan fondos, árbores, carretillas... de atrezzo.

Xa por último, e usando varios programas como: Audacity, Imovie, Canva,

Remobe-bg, Cut past photo... créase o Radio Teatro Estrela... fugaz?

 

Este é o tríptico, ese que repartirían para

que todos tivesen constancia do seu proceso.

 

 

 

PARABÉNS VAGALUMES!!

 

 

 

 

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - ESTRELA... FUGAZ? #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

 

"Creo que se nace escritor, pintor ou músico. Nácese coa vocación e en moitos casos coas condicións físicas para a danza e o teatro, e cun talento propicio para o xornalismo escrito, entendido como un xénero literario, e para o cinema, entendido como unha síntese da ficción e a plástica. Nese sentido son un platónico: aprender é lembrar. Isto quere dicir que cando un neno chega á escola primaria pode ir xa predisposto pola natureza para algún deses oficios, aínda que aínda non o saiba. E tal vez non o saiba nunca, pero o seu destino pode ser mellor se alguén o axuda a descubrilo.

Non para forzalo en ningún sentido, senón para crearlle condicións favorables e alentalo a gozar sen temores do seu xoguete preferido. Creo, cunha seriedade absoluta, que facer sempre o que a un lle gusta, e só iso, é a fórmula maxistral para unha vida longa e feliz.”

Gabriel García Márquez

 

 A Convención dos dereitos do neno, no seu artigo 29, recolle como obxectivo da educación o desenvolver as capacidades de cada un dos pequenos e pequenas, ata o máximo das súas posibilidades.

Gabriel García Márquez fala do seu xoguete, ese xoguete é a excelencia que cada unha das rapazas e rapaces posúen.

A escola é a encargada de descubrila e desenvolvela.

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ E INVITACIÓN #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

 

Os Vagalumes de 4º A teñen o pracer de convidarvos á representación da obra de teatro Estrela... fugaz?

de Carlos Labraña, o vindeiro martes, 8 de xuño, ás 20:00 h.

 

Será o resultado do traballo dun curso escolar, un ano diferente e inesperado,

 no que o alumnado, mestra e familias souberon adaptarse ás circunstancias e cooperar na distancia.

Nesta representación teatral os Vagalumes serán capaces de transmitirnos o mellor de si mesmos

e serán quen de trasladarnos a outro mundo a través das artes plásticas, a imaxinación e as palabras.

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao mesmo tempo poderedes comprobar

como este curso medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 

 

Preparade un sitio no sofá e unhas pombiñas de millo!

Non volo podedes perder!

 

 

 

 

 

 

EU APRENDO ARTE NA CASA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Que vos parece se nos unimos a esa tendencia que anda polas redes na que se representan obras famosas da historia da arte? Uns fan as fotos con portadas de libros, outros con cadros de autores coñecidos…

Quen non quixera ser parte da obra de autores como Velázquez ou Sorolla, por exemplo?

Dende a Biblioteca da Escola pensamos que esta podería ser unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas a obras de pintores da historia da arte. 

Así que hoxe propoñémosvos que escollades unha obra dun pintor, que vos poñades no lugar dos protagonistas do cadro e fagades a foto para enviar. Os adultos tamén estades convidados a participar nesta actividade cos vosos fillos e fillas, por suposto. Seguro que o pasamos moi ben!

Os nenos e as nenas de cinco anos xa teñen a súa galería nas Aulas no Aire. Se queredes ideas, podedes pasar, a entrada é de balde.

 

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

FELIZ DÍA DO TEATRO #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Festexamos o Día do teatro desde a casa da man do noso benquerido Carlos Labraña

e de algún alumnado que nos fixo rir e chorar de ledicia.

Tamén dos que hoxe, dende as súas casas seguen ensaiando día a día,

porque...

Co teatro podes ser quen queiras, onde e cando queiras.

Podes amosar toooodas as emocións.

Incluso podes quedar calado.

Podes crear, imaxinar, inventar, gozar...

Que comece a función!


Obradoiro de baile - #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Continuamos coa proposta de coreografías de Aroa e Elisa, para os xoves nos recreos da biblio.

Aquí vai a proposta!

Se che apetece podes mandar o teu vídeo a un deste enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

21 de Marzo - Día da poesía Aulas no aire. Eu aprendo na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

O pasado 21 de marzo celebrouse o día da poesía. As aulas de cinco anos,

coa axuda das novas tecnoloxías,

traballaron sobre un poema de Antonio García Teijeiro.

O país das bolboretas.

Obradoiro de baile - #euquedonacasa

Na última quincena de cole, Aroa e Elisa, viñeron todos os recreos á biblioteca para deseñar un obradoiro de baile.

Xa estaban cos últimos retoques no seu cartaz cando tivemos que marchar.

Neses dous últimos días de clase, outras compañeiras e compañeiros uníronse ao obradoiro, para poder levalo a cabo con máis soltura.

A súa proposta é semanal. Todos os xoves.

Intentando continuar coa rutina e sempre que vos apeteza.

Aquí vai a proposta!

Prepara unha coreografía dunha destas cancións.

Se che apetece podes mandar o teu vídeo a un deste enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

Xornada de teatro escolar

O alumnado que participará nas Xornadas de Teatro xa leva case dous trimestres de andaina.

Biblioteca do centro e auditorio son os seus dous referentes de ensaios.

Expresión oral, comprensión lectora, dramatización, oralidade, aprendizaxe cooperativa e colaborativa,

manexar tempos de espera, actitudes como respecto, esforzo, axuda aos demais,

poñerse no sitio doutro... son só algúns dos beneficios desta actividade.

Parabéns rapazada! Estamos orgullosos de todos e cada un de vos!

Axenda representación Os Furabolos con "A pequena compaña" de Carlos Labraña.

Entrevista a Carlos Labraña en Radio Experimental.

OBRADOIRO DE COSTURA STEAM - ANTÓN FRAGUAS - LETRAS GALEGAS

O interese dun grupo do noso alumnado estaba encamiñado á costura, así naceu este obradoiro.

Durante os mércores do 3º trimestre asistirán a un obradoiro no horario de recreos para coñecer os materiais a empregar e usalos con propiedade (recordemos a Antón Fraguas, que nos seu estudos xa afirma a importancia de coñecer a materia prima).

Este obradoiro require de moito labor, terán que facer patróns, sacar fios de liño, ... e conseguir elaborar as pezas do noso traxe tradicional.

Isto tan só é unha pequena mostra, máis adiante ensinaremos o resultado final.



Distribuir contido