Skip to main content

ARTE

MANUALIDADES DE ENTROIDO #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Mestres e alumnado están traballando a esgalla para

facer un entroido de Banda Deseñada. Os recursos da Biblioteca Creativa

e Polos Creativos botan fume: máquinas de coser,

pistolas de silicona, teas, fíos, pinturas, cartóns...

Aquí algúns detalles.

 

 

 

 

 

 

CLUB LECTURAS - RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Un dos club de lectura da escola, o dos máis pequechos,

iniciou a lectura do conto de David Mckee, "Negros e Brancos"

un libro no que cada verba ten un peso e cada imaxen un tesouro.

Moitas foron as lecturas e innumerables as conversas. É un libro co

que poder transitar na resolución de conflitos, o uso e o valor da

palabra, a reflexión... porque isto segue pasando, e non só na

rapazada, tamén en adultos que ostentan grandes cargos e

representan a moitas persoas (quizais moitas nin quixeran...).

O caso é que sempre hai problemas e discusións, ensinar outros

camiños para transitalos é necesario, e practicar co exemplo o é máis.

Aproveitamos o conto para facer actividades relaxantes como é a pintura,

con todos os seus matices, porque nós queremos ser eses elefantes que

se internan na selva e buscan a paz, eles son de mil brancos, grises e negros.

Usamos a regla, medimos, trazamos,  porque é importante que o

seu uso sexa motivador, non é sinxelo, é un novo aparello que

ven incorporase ao material escolar habitual.

 

O día 1 de febreiro realizaremos unha tertulia alumnado

e familias, pero xa podedes vir ollar a súa exposición celebrando

que hoxe 30 de xaneiro é o Día da Ilustración.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CURTAMETRAXE "PEQUENOS PERO MAIORES" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de primeiro realiza unha curtametraxe

sobre a realidade das aulas galegas con alumnado extranxeiro. 

O fai coa axuda das familias que tamén participan en diversos ámbitos,

tanto na actuación como na música.

Agradecer a colaboración de todos eles, en especial de Antonio Rodríguez Bustabad.

 

 

 

 

 

CURTAMETRAXE "A GATA BENITA" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de terceiro de primaria explícanos

como realizaron a súa curtometraxe "A gata Benita!.

Con ela participarán no concurso: Nos tamén creamos.

Compartimos con vos está ledicia!

 

 

 

 

O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 5 anos A leva xa varias representacións de

 "O casamento do piollo e a pulga", unha fábula popular adaptada

por Pepe Carreño. Esta é unha rapazada pequecha pero moi grande en

 expresión. Comezaron pouco a pouco coa decoración, ensaios...

 e máis ensaios, axudando a confeccionar o vestiario, facendo e repartindo

as invitacións e finalmente a representar. Aínda teñen pendentes varias

funcións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada!

 O alumnado de 5 anos A leva a escea "O casamento do piollo e a pulga",

Un traballo de equipo! Parabéns rapazada!!

 

 

 

 

 

 

 

O MAQUINISTA ANTÓN #teatro #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 4º de primaria dramatiza por grupos diferentes

escenas do "Maquinista Antón", unha pequena obra que trae o

libro de galego. Están todos  e todas moi emocionados!

 

 

 

 

 

 

OS GAITEIROS DE HAMELÍN #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña

A compañía de teatro "Os Vagalumes" de 1º C,

presentan a súa peza teatral "Os gaiteiros de Hamelín",

escrita por Carlos Labraña. Durante un curso escolar

estiveron traballando xuntos, realizaron o atrezzo e

os disfraces, nos grupos interactivos con familias,

e o 16 de xuño queren compartir con todos vos o resultado.

Quedades convidados/as!

 

 

 

 

 

 

 

 

INVESTIGANDO OS ANIMAIS EN INGLÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

En terceiro de primaria realizan un traballo de

investigación dos animais na materia de lingua inglesa.

 

 

 

 

 

OBRADOIROS PREMIO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este 7 de xuño o voluntariado escolar gozou do seu premio,

uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire.

Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo,

posteriormente escoller profesións e gravalo.

Hoxe foron os grupos de 3º, 4º e 5º. O día 12 o farán os de 6º.

Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.

 

 Aquí unha mostra do seu traballo!

 

 

 

 

 

OBRADOIROS EN FAMILIA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE

Toda a comunidade escolar quedades convidados aos obradoiros,

que dentro do programa "Lectura e familias", levará a cabo Antón Cortizas.

Serán na biblioteca escolar o mércores 31 de maio, ás 17:30 h.

Esta actividade pertence ao programa "Lectura e familias"

da Asesoria de Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

 

 

 

 

 

ESTREA NAVEGANTES - ALICIA FREIRE VERA #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Alicia Freire Vera e o alumnado voluntario da

Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" teñen o pracer

de convidarvos á estrea de Navegantes.

 

 

 

 

 

 

GRAVACIÓNS FILME ALICIA FREIRE #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A semana pasada remataron as gravacións do filme que

Alicia Freire está realizando co alumnado voluntario da

biblioteca escolar. A rapazada está moi ilusionada coa rodaxe

e con moitas ganas de ver o producto final. Un traballo árduo

que Alicia Freire afronta día a día. Horas de gravacións, dedicación,

repasando cada unha das tomas, escollendo cada segundo, estabilizando imaxes,

cores, sons... de 53 navegantes. Non serán eles sós os protagonistas

tamén veremos adultos. Xa queda menos para a estrea, estade moi

pendentes ás próximas publicacións.

A Alicia Freire e ao seu Sherpa, Ares, gracias por tanto!

 

 

 

 

MAKING OF NAVEGANTES - CURTAMETRAXE ALICIA FREIRE VERA #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado de lectura da Biblioteca Escolar,  que

desexou apuntarse,  continúa realizando as gravacións

para a curtametraxe dirixida por Alicia Freire Vera.

Cada día é unha nova oportunidade para aprender

sobre o mundo do cine: focos, cámaras, acción!

Non hai máis que palabras de agradecemento para Alicia,

que se desvive por ofrecerlles oportunidades inesquecibles para

aprender, valorarse, quererse, descubrirse...

Porque moita rapazada non sabe o que ten dentro, conectar con esa

persoa que veu abrir a chave dos teus desexos, sentimentos,

do que te move, da ilusión durmida é máxico.

Gracias Alicia!

 

 

 

 

 

 

CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - BAILE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O club de baile de 5º e 6º continúa cos seus ensaios na aula de teatro.

Da gusto velos, canto poderío!

 

 

 

 

 

DÍA DO TEATRO #díadoteatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O teatro, unha actividade que reune moitos saberes:

expresión oral, artística, música, expresión escrita...

Seguimos gozando dela semana a semana.

Esta, unha pequena mostra.

27 de marzo, Día do Teatro.

 

 

 

 

CURTOMETRAXE #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

A visita de Alicia Freire Vera á súa antiga escola trouxo consigo un ofrecemento.

O alumnado voluntario de biblioteca terá a oportunidade de

participar nun casting para realizar unha curta con Alicia.

Versará sobre a historia do noso cole e ata alí podemos contar.

Os e as protagonistas serán esas persoas magníficas que nos agasallan coa súa

labor no seu tempo de ocio. Hoxe tivemos unha reunión para informalos de todo.

Para participar necesitarán a autorización familiar.

De seguro será unha experiencia inolvidable!

Este luns comezamos co casting no horario de recreo.

Ollade o cadro calendario na cortiza informativa da biblioteca!

 

 

 

 

 

POESÍA E BIMBIO CON GERALDINE JONES #DiadeRosalia #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A xornada de bimbio amosou o verdadeiro poder da arte.

O alumnado dirixido por Geraldine Jones e coa guía e acompañamento

dos axudantes da artista e das mestras, foron quen de dominar o material

para convertelo en fermosas estrelas, que logo adobiaron con cintas brancas

e azuis, as de  Galicia e de Rosalía. Non esqueceron, non, realizar uns recitados

 de poesía para celebrar o seu día, o seu nacemento.

 

Agradecer a Geraldine Jones e  Lugares Comúns este fermoso obradoiro.

 

 

 

 

OBRADOIROS DO ALUMNADO - MANUALIDADES #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Casan os paxariños e as manualidades xiran ao redor das mellores verbas e sentimentos.

Antía, Martina, Claudia e Iriana sacaron adiante un obradoiro de debuxo

amosando unha coordinación e preparación do taller excelente.

Bravas! Moitos parabéns!

 

 

 

 

Provocación QUEN VIVE NO BOSQUE? #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Quen vive no bosque?

Baixo esta pregunta xorde un novo espazo de xogo no noso espazo argalleiro.

Un espazo para crear, xogar, ler, inventar, provocar, explorar... da man e acompañamento

do noso voluntariado todo o alumnado do centro poderá pasar no tempo de lecer.

Tamén poden facelo durante titorías ou especialidades coas mestras e os mestres.

Podes seguir as instrucións, xogar ou ler. Tedes fondos para acompañar a proposta.

Para quen desexe crear ten os materiais nun apartado da mesa.

 

Idea do obradoiro extraída de Divertoloxía.

 

 

 

Distribuir contido