Skip to main content

DOCUMENTACIÓN

DÍA MUNDIAL DA AUGA - FALADOIRO "O dereito á auga" #DíaMudialdaAuga #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Polo Día Mundial da auga tivemos a visita de Miño Guerreiro,

voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras.

Realizou un faladoiro sobre o dereito do acceso á auga.

Quedamos con moitas ganas de saber da súa experiencia en Honduras,

así que volveremos a velo.

PROXECTO: ROTEIROS EN FAMILIA! #ABP #ALFIN #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º de primaria continúa poñendo en valor o noso patrimonio.

O proxecto "Roteiros en Familia" iniciado o curso pasado,

pretende coñecer en profundidade a nosa vila, da man das familias e do profesorado.

É unha actividade compartida onde teñen que atopar á mascota da nosa

biblioteca, o noso famoso percebe Percebiño!

Comezaron enviando unha carta ás familias.

Posteriormente, realizaron na aula virtual un xogo de fuga,

onde conseguiron pistas para a localización de Percebiño.

No transcorrer do xogo tiñan que documentarse na biblioteca,

preguntando a algún avó ou avoa... investigando.

Aquí temos a algúns deles na localización. Chegamos a Castro Sarridal!!




En breves as súas obras... Parabéns rapazada e familias!


 

 

PROXECTO: CEDEIRA É UNHA VILA! #ABP #ALFIN #AMI #Axenda2030 #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º de primaria investiga sobre o noso concello,

o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución Española. 

A biblioteca Carlos Labraña é un lugar de pesquizas e creacións.

O producto final é a creación dun lapbook para recoller toda a información.

Posteriormente, aproveitan a celebración da Constitución para visitar o

Concello de Cedeira. Alí ven as instalacións, coñecen a persoas que 

traballan no Concello, preguntan polas súas funcións, sentan na sala de

pleno e realizan unha serie de preguntas preparadas na biblioteca.

Deste xeito, relacionan contidos aprendidos dun xeito práctico e vivenciado.

Materias creados pola mestra Dulce e o blog de amestraCris.

 

 

 

ROTEIRO: MURALLAS DE CEDEIRA - XEOGRAFÍAS LECTORAS #bescolaresgalabertas

O alumnado de 1º C (Os Vagalumes) comezan os seus roteiros pola vila,

dentro do seu proxecto polo patrimonio. Cun obxectivo moi importante: ver, coñecer e valorar a nosa vila.

Este primeiro roteiro foi adicado ás murallas de Cedeira.

 

Deixan constancia da súa saída cun pequeno libro de comprobación.

DOCUMENTACIÓN:

Saída, documentación de Rafael Usero e colocación de placas nas portas das murallas (hoxe alumnado que cursa 6º de Educ. Primaria).

 

 

CADERNO DE CAMPO VAGALUMES #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Os vagalumes presentan o seu caderno de campo interactivo.

 

Esta actividade nace dentro do proxecto intercentros sobre o patrimonio inmaterial, no que participan Os Vagalumes e o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Punta Candieira.

Con anterioridade realizaron documentación e saída con Andrés Toxeiro.

O traballo continuou dentro da aula cun caderno de campo e consolidouse nas casas coas achegas e vivencias diarias do alumnado de 4º.

 

Preme na man para localizar e usar os elementos interactivos.

 

 

  

Proxecto "Somos pediatras"

Neste segundo trimestre, os Vagalumes de 4º A, están realizando un miniproxecto que leva por título "Somos pediatras", coa intención de profundizar no estudo da nutrición e prevención de enfermidades comúns.

Para documentarse solicitaron a axuda dunha pediatra. Ana, a tía de Miguel García, foi a encargada de transmitir unha información moi valiosa.

Dende logo foi unha visita moi productiva, pois solventou dúas dúbidas de gran actualidade na vida cotiá da nosa vila:

- Por qué non temos sustituta ou sustituto de pediatría?

- Que pasa co coronavirus?

Agradecer que respondese a todas as dúbidas plantexadas e toda a preparación do material para a formación.

Dende a Biblioteca Carlos Labraña apoiamos "A revolta dos chupetes".

Aquí deixamos algunha información de interese.

PEGADAS, RASTROS E SINAIS - PROXECTO INTERCENTROS

O PROXECTO INTERCENTROS CONTINÚA DA MAN DOS VAGALUMES E O ALUNADO DE 1º DE BACHERELATO (ANTROPOLOXÍA E CULTURA CIENTÍFICA).

NESTA OCASIÓN SOLICITARON AXUDA E DOCUMENTACIÓN A ANDRÉS TOXEIRO, EXPERTO RASTREXADOR DE ENTORNOS NATURAIS, PERSOAS E VEHÍCULOS.


AS PRIMEIRAS DOCUMENTACIÓNS PROPORCIÓNANSE NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DO CEIP E DO IES, NAS QUE FIXO UNHA EXPOSICIÓN PARA RECOÑECER INDICIOS E DEIXAR CLAROS OS CRITERIOS Á HORA DE DIFERENCIAR RASTROS, SINAIS... (número de dedos, silueta, presencia de unllas ou non, tamaño, etc.). ASÍ POUCO A POUCO FORON PROFUNDIZANDO NA MATERIA. O ALUNADO REMATOU CUNHA ROLDA DE PREGUNTAS PARA ACLARAR DÚBIDAS OU CUESTIÓNS DO SEU INTERESE.


A SEGUINTE XUNTANZA CONSISTÍU NUNHA SAÍDA DIDÁCTICA AO CRISTO DOS CARRÍS, NA CAPELADA, PARA REALIZAR UNHA ACTIVIDADE PRÁCTICA DE RASTREXO. O ALUMNADO DEDICOUSE A OBSERVAR, A LER O MONTE NA BUSCA DE INDICIOS. ENTRE OUTROS SINAIS, ATOPARON FECES TUBULARES DE LOBO, QUE DAN CONTA DUNHA PEQUENA COLONIA DUNS CINCO LOBOS QUE APARECEU FAI UNS CATRO ANOS, SEGÚN CONSTATA ANDRÉS TOXEIRO.


AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA QUEREN DAR AS GRAZAS A ANDRÉS TOXEIRO POR ENSINARNOS TANTO, POR AMOSARNOS O QUE TEMOS E DARLLE VALOR, POR ENSINARNOS NOVOS CÓDIGOS DE LECTURA E POR SEMENTAR ACTITUDES DE COIDADO E PROTECCIÓN DA NATUREZA.


 NOTICIA A VOZ DE GALICIA

 

Distribuir contido