Skip to main content

Outubro 2023

PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Como vén sendo habitual ano a ano, a biblioteca da escola embárcase

nun proxecto de traballo no que a colaboración de toda a comunidade

educativa é condición indispensable para arribar en bo porto.

Basearemos coma sempre as nosas investigacións no currículo

cedeirés e así propoñemos este curso un tema que forma

parte esencial da existencia da nosa vila A MÚSICA.

 

 

 

Cedeira...unha vila que non se entende sen o compoñente musical.

Foron, son e serán moitos os músicos e agrupacións que manteñen

viva a nosa tradición musical. A música é parte da vida cotiá:

cantamos cando xogamos, cando contamos contos ,

despois dun xantar compartido e mesmo cando traballamos,

forma parte das nosas vidas e da nosa historia como pobo.

 

Non entenderemos pois o currículo cedeirés sen o compoñente musical.

Queremos achegar aos nosos nenos e nenas a nosa tradición máis sonora,

queremos facelo dende a escola, dende a biblioteca

e coa axuda inestimable de todos vosoutros.


Ao estar en vésperas do Tempo de Nadal e coa intención de ir preparando

os cantares de aguinaldo iniciamos este proxecto. Se conservades na vosa

memoria ou na dos vosos avós algún cantar tradicional, cubride o seguinte

cuestionario que vos enviamos ou solicitade un na biblioteca ou en secretaría.

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

CABAZA CON SENSOR DE LUZ #poloscreativos #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

O alumnado de 5º de E.P. crea unha cabaza con sensor

de luz para a exposición de cabazas do cuarto do Samaín.

Vaia chulada!

 

 

 

 

COCIÑANDO POLO SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Os Vagalumes preparan o seu xantar de Samaín,

pementos recheos e salchichas momia.

Dende a escrita da receita, pasando polo lavado, cortado,

preparación, posterior xantar e, por suposto, non menos

importante limpeza final dos espazos e recursos utilizados.

Ollade e se vos presta, copiade a receita!

Boo Samaín!!

 

 

 

EXPOSICIÓN FONDOS SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Pasádevos pola biblioteca ollar libros de medo,

de outono, bibliografía sobre o Samaín...

Recordade que temos dous escritores versados neste tema:

Rafael López Loureiro e Carlos Labraña.

Podedes comezar pola exposición e seguir polas estanterías,

ante calquera dúbida preguntade aos voluntarios e ao profesorado.

Boo Samaín!

 

 

 

ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA NA AULA - PLANTAS #AMInabiblio #bescolaresgal

O alumnado de 5º está rexistrando a súa información

sobre as plantas nun libro de lapelas (lapbook).

Primeiro se documentaron por medio dos libros e diversas páxinas

na internet, contrastaron esa información e mediante estes pequenos

expositores pretenden amosar o máis relevante.

Nestes vindeiros días realizarán unha exposición oral.

 

Compartimos o cartaz da semana AMI a proposta da UNESCO.

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE SAMAÍN #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Nestes días, o alumnado voluntario está levando a cabo un obradoiro

de Samaín no horario de lecer. Da gusto ver a axuda que lle prestan

ao resto dos compañeiros e compañeiras.

Estamos orgullosos do noso voluntariado!

 

Gozando das tradicións!

 

 

 

 

CARTAS A PERCEBIÑO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

É un obradoiro de escritura, que se inicia na biblioteca,

sendo o protagonista a nosa mascota, un percebe chamado

Percebiño, ao que noso alumnado lle escribe cartas e recibe contestacións.

 

Esta actividade mellora a escritura e apórtanos unha información emocional

que nos permite estar atentos e coidar a saúde mental do noso alumnado.

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS #Díaeuropeodaslinguas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O día 26 de setembro chegou unha carta as nosas aulas.

Unha carta cunha palabra escrita, unha verba un tanto estraña acompañada

dunhas personaxes moi "cómicas". Buscamos na rede que significaban

esas letras xuntas e en que idioma estaban escritas, resultou que era a palabra CÓMIC

en diferentes idiomas de Europa. E con todas estas palabras enchimos a cortiza

conmemorando a riqueza das linguas.

26 de setembro, Día internacional das linguas europeas

 

 

 

 

 

 

XII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS @ADEGAgz #LimpezaPraias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Para conmemorar a XII limpieza simultánea de praias,

os nenos e nenas de 2° e 3° de Educación Primaria, foron

a praia da Magdalena e os seus arredores

onde recolleron preto de cinco quilos de lixo.

 

 

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS #DíaDasEscritoras #bescolaresgal

Para ser bos escritoras e escritores hai que ler moito.

Nesta data quixemos escoller tres textos de Eli García,

Anémona de Río e Pilar Serrano. Neles comezamos a ler viñetas,

pero as historias quedaron sen rematar e a rapazada ouvinte quedou

coa "mel nos beizos" desexosos por saber como continuaría a historia.

Agora enganchados teremos que rematala nos vindeiros días.

Aproveitamos para conversar dos bocadillos dos cómics das nosas historias,

da súa forma, dos sons que lemos, o seu significado... e logo quixemos

iniciarnos na creación, así fixemos uns bocadillos para Percebiño,

a nosa mascota da biblioteca.