Skip to main content

CONTOS

ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 2 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal

Coa intención de crear espazos seguros para a infancia,

traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso

nos menores; compartimos coas familias (nesta ocasión)

unha serie de vídeos. Trátase dun material pedagóxico que se fixo

en Cataluña co alumnado de centros escolares para previr

os abusos sexuais. Son catro vídeos que teñen continuidade entre si.

Os tres primeiros capítulos están en formato obradoiro e amosan o traballo

realizado co alumnado de 4º de primaria onde se traballan as sensacións

agradables e desagradables de proximidade ou contacto físico íntimo

con persoas descoñecidas e con persoas do ámbito relacional próximo.

O obxectivo é capacitar á infancia na identificación de situacións de

seguridade e inseguridade neste ámbito co fin

de previr o abuso sexual infantil.

 O cuarto capítulo está dirixido a familias, profesores, educadores e a

todas aquelas persoas adultas que dun xeito ou outro se encargan da

educación da rapazada. Inclúe fragmentos de entrevistas a profesionais

da sanidade, policías e organismos especializados e

dous obradoiros un con profesionais e outro con familias.

 

 

 

 

 

 

TEMPO DE NADAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Nadal#Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Chegado o tempo de Nadal moitas familias achéganse á biblioteca a

realizar unha documentación moi importante, a transmisión da tradición

oral da nosa música de Nadal: panxoliñas, cantos de reis e por suposto,

unha manchea de contos. Hoxe contamos coa visita de Jose de Vigo,

que agasallou ao alumnado de 5º e 6º con dúas panxoliñas que falan da

xeografía da nosa vila. Con elas inauguramos esta semana

de tradición oral de xeneración en xeneración.

 

 José de Vigo prometeunos voltar, aquí quedan

as panxoliñas grabadas para ir practicando nestes días.

A primeira é da súa colleita, escrita e cantada por José de Vigo.

Unha panxoliña na que collemos todos os de Cedeira,

de tódalas parroquias, perfecta para nos tempos que estamos. 

A segunda é unha canción mariñeira, a primeira noticia a recibimos

por unha mamá, falounos de Manolo do Mudo (en paz descanse)

e desta canción. Despois soubemos por Jose que a cantaban nos bares,

as fins de semana, despois de vir do mar, Manolo do Mudo, Manolo Vergara,

Javier Vergara e Manolo Pita Cribeiro ( O Norreca). Ata o de agora, aínda estamos

por saber de certo, se a letra é só de Manolo do Mudo ou hai máis autores.

Pero o que máis nos gusta é que permanecera na tradición oral. Hoxe pasa a

unha nova xeración que ten que encargarse de cantala moito e transmitila á seguinte.

Agasallos musicais da man dos que hoxe non están e grazas a José de Vigo.

Cantada polos nenos en homenaxe aos que hoxe non están.

 Podedes descargar a panxoliña e a canción nos ficheiros adxuntos.

 

 

 

 

 

 

 

CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia

e de compartir xuntos as emocións que neles provocan.

Última tertulia de "O misterio do fillo de Lúa" de Fina Casalderrey.

Marchan con "A verdadeira historia da mosca da tele" de María Solar.

De seguro sacará máis dun sorriso!

 

 

 

 

Distribuir contido