Os protagonistas do Entroido na Provincia de Ourense: as "Pantallas" de Xinzo de Limia, os "Peliqueiros" e "Cigarróns" de Laza e de Verín, a "Morena" de Laza, os "Felos" de Maceda , as "Tamborradas" e a "Mula" de Viana, os "Folións" e "Boteiros" de Vilariño e Viana, a "Mázcara" de Manzaneda, os "Vergalleiros" de Sarreaus, os "Troteiro " de Bande , os "Charrúas" de Allariz, os "Murrieros" de A Teixeira, o "Oso" o "Toro" e o "Xigante" do Bolo, as "Bonitas" de Cartelle, as "Abutardas" de Sande, as "Mascaradas" de Maside, os "Bobos e Pallasos" de Beariz, os "Irrios" de Castro Caldelas, os "Borralleiros" de Cortegada, a "Vacaloura " do Barco de Valdeorras, os "Galanes e Madamitas" de Entrimo, os "Labardeiros" de Mugares, a "Pita" de Eiroás, os "Fargalleiros ou Zamarreiros" da zona limítrofe do Bierzo...a parte, tamén, do Entroido urbanos". Sen esquecernos dos felos, corozas e rodos de Boborás.
En Galiza tamén hai que destacar os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada.