Skip to Content

                              

O cigarrón de Verín

Cigarón de VerínAquí atoparemos un personaxe chamado o CIGARRÓN.

Tocado cunha especie de mitra-máscara, cun vistoso e elaborado traxe, porta unha fusta coa que simula azoutar á xente, sendo costume, como noutros Entroidos, embadurnar con fariña respectando ao visitante que non participa, ou reducindo a acción quedando nun mero xesto simbólico.

Chama a atención o seu peso do disfrace, que supera os 17 Kg. A máscara é de madeira, ten a mitra rodeada de “crines” de cabalo e dous pompóns colgandos. Está decorada con motivos animais e na parte traseira leva unha trenza ou rabo.

Os días sinalados son: xoves de “compadres”, domingo “corredoiro”, xoves de “comadres”, domingo “gordo”, luns e martes. O Entroido dura realmente oito días. É costume embadurnar con faiña.

O domingo, o día grande, ten lugar o desfile de cigarróns, con afluencia moi grande de espectadores. O seguinte volve ter lugar o martes. Nestes desfiles toman parte elementos de actualidade, así como disfraces con orixe nos acontecementos notables acontecidos ao longo do ano. Declarado de Interese Turístico, pasa por ser un dos Entroidos máis ancestrais de Galicia.



book | by Dr. Radut