Skip to Content

                              

A pita de Ourense

Pita de EiroásNa capital provincial ten lugar un concorrido Carnaval de corte urbano, ou moderno, cuxo día grande é o martes. A principal atracción consiste nun desfile de carrozas, premiando os máis sobresalientes. As rúas centrais da cidade son un marea de xente, disfrazada ou espectadora.

A festa celébrase baixo os auspicios municipais, así como a súa organización.

No barrio da ponte hai existe unha peculiar máscara, que é a PITA de Eiroás, ligada na súa orixe ao antroido que se celebraba no Pazo de Eiroás. Nas Eiroás, tamén se celebra, cada domingo antes do entroido, unha costume moi antiga, consistente en pasarse unha olas de barro polo aire de uns a outros sen que caian o chan, conteñen fariña, auga ou viño... faise un rondo de xente e se pasan as olas e o que lle cae, paga unha ronda de viño.



book | by Dr. Radut