Skip to Content

                              

Os troteiros de Bande

Troteiro de bandeEn Bande "Os troteiros" son uns disfraces de entroido que se están recuperando despois de 60 anos.

Os troteiros levaban unha bara, como se pode ver na fotografía e corrían polos camiños meténdose coas mulleres e os vellos. Ao parecer xa saían en Bande despois de reis, segundo Bouza Brey. A súa indumentaria non era especial, pero o normal era envolverse nun cobertor ou nunha "sábana", levaban caretas feitas na casa de cartón, con campás arredor. O sombreiro lévano adornado con postais e espellos, seguramente para protexerse do mal de ollo ou doutros perigos", a cara cóbrena con tapetes bordados.

Gozaban do privilexio da impunidade, por exemplo levantaban as saias das mulleres.
O nome Troteiro ven de trouleo ou trote polas rúas e polos camiños.

 



book | by Dr. Radut