Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade .
"Valentín Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra. ."
Seminario Galán.org
Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Valentín Paz Andrade:
O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), unha vez máis nos achega un fabuloso traballo de investigación sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas, así como unidades didácticas para Ed. Infantil e todos ciclos de E. Primaria. Boísima e imprescindible para traballar no aula. Non deixes de dar unha volta pola súa web.
Materiais que nos ofrecen en .pdf: