Skip to Content

                              

O Apalpador

O Apalpador é un home moi grande que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.

O Apalpador, todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas.

Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual.

Tamén pode deixar algún agasallo máis agochado en calquera lugar da casa e que os nenos e nenas temos que buscar ao erguernos. Estes agasallos soen ser manualidades que o Apalpador elabora coas súas mans ao longo do ano coa madeira dos montes do Caurel.


Ligazón ao libro coa súa historia

Web oficial do Apalpador

Unidade didáctica sobre o Apalpador

Vídeo-conto realizado polo alumnado do noso cole

Kamishibai realizado polo alumnado do noso cole

 

Vídeo-conto realizado polo CEIP Coirón Dena

 

Canción sobre o Apalpador
Canción de Malvela sobre o Apalpador


book | by Dr. Radut