Skip to Content

                              

1º Ciclo

ABRIL CONTRA O MALTRATO ANIMAL

 

Varios centros das provincias de  Pontevedra e de Ourense ( entre os que nos atopamos o CEIP Xuvencos de Boborás)  así como clínicas veterinarias e diversas entidades , colaboramos nunha dinámica intercentros de concienciación contra o maltrato animal.

(Texto elaborado pola profe M Luz, titora de 1º de ED. Primaria)

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO 2022: ENCONTROS CON AUTORAS.

 

 O luns 25 de abril,  ( e co gallo da conmemoración do día do libro)  o alumnado do 1º ciclo, tivemos un encontro coa escritora Isabel Bugallo y Sarria na biblioteca do cole, xa que estivemos lendo o seu  libro “La clase de 1º y el pirata Kiko” durante o segundo trimestre.

Isabel falounos dos seus protagonistas  (Breogán, María, Sofía,...) e trouxo ao loro Kiwi para que o coñeceran os rapaces.  Ademais tamén asinou o libro a todo o alumnado participante.

Foi unha xornada diferente e moi gratificante.

(Redacción do texto: Cruz, titora de 2º de ED. Primaria) 

 

 

 

 

CONTINUAMOS COS EXPERIMENTOS NO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA B.E.

O mes de novembro ( mes da ciencia en galego )  está chegando ó seu fin, e na hora do recreo, na nosa biblioteca, continuamos cos EXPERIMENTOS.

 

Onte a titora de sexto, a profe María Asunción, fixo dous experimentos co alumnado de 1º e 2º de primaria.

Contou coa axuda de parte do alumnado voluntario da biblioteca ( da súa titoría ) para desenvolvelo.

 

Aquí tedes unhas poucas fotos dos experimentos.

 

1. "Masa non newtoniana".

Os ingredientes son sinxelos: auga e fariña de millo. Mistúranse, e a masa vai collendo unha textura estrana.

A peculiaridade desta masa ou fluído é que dependendo da forza que exerzas contra ela,pode ofrecer resistencia ou ser lene.

É dicir canta máis forza empregues para aplastala maior resistencia ofrece.

Se a colles con suavidade vai ser un fluído lene.

Aquí tedes unhas poucas fotos do momento. Pasárono xenial!!!

 

 

2. "Lámpada de lava"

Para este experimento precisaron: un recipiente pequeno, neste caso unha botella de plástico, auga, aceite, corante e unha pílula efervescente.

O proceso foi o seguinte:

Bótase na botella un pouco de auga, despois o aceite ( máis aceite que auga), unhas pingas de corante e despois para que esa lava flúa unha pílula efervescente, que fará reacción e aparecerán burbullas que farán que o corante suba. 

Aquí tedes unhas poucas fotos do momento: 

 

 

Ó rematar  orecolleron todo, e deixaron a biblioteca tal e como estaba antes de chegar... !!!!!!!!

Temos uns axudantes  de bibioteca excepcionais.

EXPERIMENTANDO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Novembro é o mes  "da ciencia en galego".

Dende a biblioteca quixemos unirnos a esta iniciativa e hoxe comezamos na hora do recreo, na nosa biblioteca cun experimento. Desta volta para o alumnado de 1º e 2º de primaria que quixo achegarse á biblioteca na hora do recreo..

 O primeiro foi observar os instrumentos que precisabamos para a elaboración do mesmo. 

Despois da explicación da execución do mesmo, realizamos as nosas hipóteses: que sucedería ó poñer en contacto o bicarbonato co vinagre?? 

Tiñamos 5 botellas e botamos nelas distinas cantidades de vinagre, para ver se o efecto era o mesmo en todos os casos.

Preparado o material, e realizadas as hipóteses pasamos á acción... e aquí tedes unhas poucas fotos do proceso:

 

 

 

 

  

 

 

 

OS BOLECHAS NO COLE

O venres 28 de setembro veu ao cole un dos compoñentes de Os Bolechas, Braulio, para entrevistar ao alumnado de 1º curso de Educación Primaria. Aquí vos deixamos algunhas fotos das entrevistas e iremos desvelando mais material cando se publique o episodio na TVG e o canal de Youtube que teñen tamén Os Bolechas. Este material será publicado no mes de novembro, polo que vos manteremos informados para que o vexades.

FOTOS OS BOLECHAS + 1º EP

Proba de como editar contido

Estamos facendo unha práctica de como editar unha nova na web.

os nosos traballos

Esta semana traballamos en plástica coas pinturas manley e fixemos máxia!!!!

 

¿Queredes aprender como o fixemos?pincha

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut