Skip to Content

                              

Novas

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Como xa sabedes e debido a situación tan complexa que vivimos, nos últimos dias enviamos un cuestionario co fin de recoller unha serie de datos que nos axuden a tomar decisións de maneira mais precisa e axeitada, xa que non sabemos canto durará esta situación. Dende o equipo directivo, queriámosvos comentar varios aspectos sobre este cuestionario:

1.  Debido a que dende a Consellería as instrucións que envían están moi pouco definidas, sobre todo polo carácter especial da situación, e porque son decisións que se van tomando a medida que se sucede a crise, criamos necesario ter unha base de datos para poder facer un plan de acción axeitado.

2.   Esto non significa dar materia nova, nin dar clase online, xa que este cuestionario ven a referendar que a fenda dixital existe. Sería inxusto e desigual ampliar contido e dende a escola pública non podemos ser partícipes de agrandar esa desigualdade de oportunidades.

3.  Son datos que unicamente axudarán, a cada titor/a concreto e especialista, a deseñar aquelas actividades que considere importantes co único fin de axudarvos neste confinamento, e, ademais, a poder actuar máis personalizadamente, con aqueles casos onde os recursos tecnolóxicos son máis escasos.

4.   Non é tempo de preocuparse dos contidos, é tempo para os mestres/as  de axudarvos, aconsellarvos, acompañarvos a través de diferentes actividades. As vídeo chamadas non son para clases online, e menos para os máis pequenos, pero a posibilidade de facer un encontro online cos alumnos/as podería ser moi positivo para eles, verse as caras, notar algo de normalidade.

Sen máis, nos despedimos, desexándovos que todas as familias estean ben e ofrecendo a nosa axuda naquilo que precisedes.

 

Un forte abrazo e ánimo

 

Boborás

13 de abril de 2020

 

                                                                     O equipo directivo

ENTREGA DE MATERIAL EDUCATIVO

AXUDA COORDINADA CO CONCELLO PARA A FACILITACIÓN DO MATERIAL EDUCATIVO DO ALUMNADO SITO NAS AULAS:

Dadas as circunstancias de prórroga do estado de alarma polo COVID-19, a partir do vindeiro mércores 15 de abril, o centro educativo, en coordinación co Concello de Boborás, facilitará o material educativo do alumnado que quedou nas clases baixo os principios de obxectividade, igualdade e non discriminación.

Será unha entrega ordenada e baixo solicitude de cada familia, na que Protección Civil poderá acercar este material coas medidas de protección estandarizadas oficialmente para garantir a adecuación da medida e a seguridade de toda a comunidade.

As solicitudes poderán facerse deixando constancia delas a través das seguintes formas:

 

·  A través do correo electrónico do centro: ceip.nosasenhora.xuvencos@edu.xunta.es

· A través do whatsapp do centro : 626 336 107

 

A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos mínimos necesarios (direccións dos domicilios e teléfonos de contacto) para facer a entrega, por parte de Protección Civil. En caso de cambio de domicilio pola situación de confinamento, deberá informarse do cambio na propia solicitude. Non se facilitará o material doutro xeito, por estar prohibido no estado actual de alarma.

Cabe destacar que o material educativo como os libros de texto, non son o currículo educativo oficial do Estado, senón unha ferramenta máis do currículo. Atendendo ás recomendacións actuais da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, recomendamos utilizalos para repaso de contidos dados ata a data do estado de alarma, non para avanzar en contidos novos. O centro educativo non se fai responsable de calquera outro uso que poidan facer as familias, fora do currículo educativo oficial da Xunta de Galicia.

Por último. lembramos, especialmente a aquel alumnado que debe entregar os libros de texto ao finalizar o curso escolar, a importancia do coidado dos mesmos no seu uso cotiá.

 

Boborás, a 7 de abril de 2020

 

O director

 

Javier Álvarez

AXUDAS COMEDOR COVID19

AXUDAS SOLICITADAS NO CENTRO EDUCATIVO PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO PECHE DO CENTRO EDUCATIVO A RAÍZ DO COVID-19.

Comunicamos ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro no servizo de comedor do colexio que foron tramitadas correctamente todas as solicitudes presentadas no centro educativo.

MÁIS INFORMACiÓN na seguinte ligazón:  ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (DOG do 30 de marzo de 2020).

O prazo máximo para resolver a concesión de axudas, por parte da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, será de 10 días dende a data de finalización do prazo de solicitudes (6 de abril). Entenderase como medio de notificación da concesión o aboamento da compensación realizada pola administración educativa na conta corrente do beneficiario.

Boborás, a 7 de abril de 2020

 

O director

 

Javier Álvarez

XUNTÉMONOS @S NEN@S DE BOBORÁS

ESTE VÍDEO É UNHA MENSAXE DE ÁNIMO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO NOSA SEÑORA DE XUVENCOS.

A CANCIÓN CORRESPÓNDESE CO NOSO HIMNO CREADO PARA OS XOGOS OLÍMPICOS "O PODER DE CRER EN TI", canción versionada de "DANCE MONKEY" de TONES AND I.

ENTREGA NOTAS 2º TRIMESTRE E VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Infórmase a todas as familias, dada a situación de excepcionalidade na que nos atopamos actualmente, do seguinte:

1.    A xuntas de avaliación do 2º trimestre, tanto de educación infantil como de educación primaria, realizáronse tendo como límite a data de declaración do estado de alarma polo COVID-19, esto é, o 13 de marzo de 2020.

2.    O venres 3 de abril, estarán dispoñibles as notas do alumnado en ABALAR MÓBIL, a partir das 11.00 da mañá. Se algunha familia ten dificultades para acceder a través de Abalar móbil, debe poñerse en contacto co equipo directivo,  a través do teléfono ou do correo electrónico do centro (ambos figuran na páxina web do centro). O horario de atención telefónica continuará sendo de 10.00 a 13.00 horas.

3.    As vacacións de Semana Santa comenzan o 6 de abril e rematan o 13 de abril, ámbolos dous incluídos, segundo a ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Porén, estamos pendentes de posibles prórrogas do devandito estado de alarma que poderán alargar a volta ao centro educativo, segundo o estimen necesario as autoridades correspondentes. Calquera información nova estará exposta na páxina web do centro educativo.

4.    Dependendo de todo esto, queda pendente a forma a utilizar (presencial ou telemática) para falar cos titores sobre a marcha académica dos vosos fillos e fillas, neste 2º trimestre.

Todo o persoal docente e non docente quere expresar e transmitir un gran sentimento sincero de ánimo, de gratitude ante a comprensión e o esforzo que estades a facer desde os vosos domicilios e de forza ante esta situación tan difícil e angustiosa que nos está a golpear dun xeito tan forte e real nas nosas vidas.

Un saúdo.

Boborás, 1 de abril do 2020

O director

CÓMO SOLICITAR AS AXUDAS DE COMEDOR

AXUDAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO PECHE DO CENTRO EDUCATIVO A RAÍZ DO COVID-19.

 

COMO SOLICITAR AS AXUDAS NO CENTRO EDUCATIVO

 

Para as familias ás que lles resulte difícil acceder á sede electrónica ou completar o anexo e remitilo ao centro educativo considérase válida a obtención do consentimento da familia e dos seus datos mediante os seguintes métodos:

 

a)    Correo electrónico (preferentemente) no que conste a intención da familia de solicitar a axuda e os datos seguintes:

 

·         Nomes, apelidos dos proxenitores.

 

·         Nomes, apelidos e condición de comensal do alumnado (dicir se é comensal gratuíto ou, en cambio, semigratuíto de 1 €).

 

·         Número de conta bancaria para o aboamento da axuda.

 

·         Vontade de solicitar a axuda de comedor polo COVID-19.

 

A dirección de correo electrónico para enviar estes datos é a seguinte:

ceip.nosasenhora.xuvencos@edu.xunta.es

 

b)    No caso de que non sexa posible enviar o correo electrónico, poderanse enviar os mesmos datos ó teléfono móbil do colexio, a través da aplicación whatsapp.

 

                                                        O número do móbil do centro é :  626 336 107

 

 

Boborás, a 1 de abril de 2020

 

O director

 

 

Javier Álvarez

 

 

AXUDAS COMEDOR COVID19

AXUDAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO PECHE DO CENTRO EDUCATIVO A RAÍZ DO COVID-19.

De acordo coa ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (DOG do 30 de marzo de 2020), establécese unha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios.

O outorgamento das axudas realízase de xeito directo e consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal (servizo de comida escolar ao mediodía) e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Para estes efectos, determínase que o prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50€) por menú e día nos casos de gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50€) por menú e día nos casos de semigratuidade con pago de un euro (1€) por menú e día durante o período lectivo ordinario.

Beneficiarios das compensacións.

As familias con alumnado que teña a condición de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro na relación de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación.

A solicitude será única por familia incluíndo á totalidade dos/as fillos/as que sexan comensais gratuítos ou semigratuítos dun euro no comedor do colexio e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal) .

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Porén, as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo colabore na formalización da solicitude. Para estes efectos, poden contactar co centro a través do correo electrónico  ceip.nosasenhora.xuvencos@edu.xunta.es ou telefónicamente (nº tlfno 988402022). O horario de atención ás familias será de 10.00 a 13.00 horas desde o martes 31 de marzo de 2020 ata o luns 6 de abril de 2020, ámbolos dous incluídos). Importante ter en conta:

1.    A solicitude normalizada que figura como anexo á orde publicada hoxe está destinada preferentemente para o uso das familias que a utilicen como medio de solicitude á sede electrónica.

2.    O modelo de solicitude  tamén se pode utilizar polas familias para enviar os datos ao centro educativo por correo electrónico coa finalidade de capturar os datos bancarios.

3.    Para as familias ás que lles resulte difícil acceder á sede ou completar o anexo e remitilo ao centro educativo considérase válida a obtención do consentimento da familia e dos seus datos bancarios mediante os seguintes métodos:

 

a) Whatsapp da familia ao membro do equipo directivo no que conste o número de conta e a vontade de solicitar a axuda.

b) Chamada telefónica dende a familia ao centro ou viceversa na que se acredite a intención da familia de solicitar a axuda, a identidade do interlocutor que dí ser proxenitor  (o centro directivo poderá  formular  as preguntas que estime oportunas para verificar a identidade do interlocutor.

c) Correo electrónico sen adaptarse ao anexo no que conste a intención da familia de solicitar a axuda e o número de conta

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o martes 31 de marzo de 2020 e rematará o luns 6 de abril, ámbolos dous incluídos.

Entenderase como medio de notificación da concesión o aboamento da compensación realizada pola administración educativa na conta corrente do beneficiario.

 

Boborás, a 30 de marzo de 2020

 

O director

 

Javier Álvarez

 

 

NOTA INFORMATIVA

Infórmase a todas as familias que, entre as medidas tomadas pola Xunta de Galicia e a súa Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19 están as que seguen:

  1. Suspéndense, desde o vindeiro luns 16 de marzo, as clases en todos os niveis educativos durante 14 días. Así mesmo, suspéndense as actividades extraescolares e os servizos complementarios (comedor e transporte) durante o mesmo período.
  1. En relación a mañá, venres 13 de marzo, atendendo aos  principios de prevención, serenidade e responsabilidade, recoméndase non asistir a clase, excepto naqueles casos nos que as familias non teñan tempo de reorganización nin recursos suficientes para asegurar unha adecuada conciliación laboral e familiar.

  

Ante as próximas novidades, seguiremos informando a través da páxina web do centro.

 

                                         Moitas grazas. Un saúdo

 

Boborás a 12 de marzo de 2020

 

 

O director

Javier Álvarez

 

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2020-2021

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021

Dende o vindeiro domingo día 1 e ata o 20 de marzo, está aberto o prazo de solicitude de admisión no noso centro para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse na dirección web https://www.xunta.gal/dog/publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

Tal como queda reflexado en dita orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse de maneira telemática a partir do domingo día 1, mentras que de xeito presenzal nos centros escolares dende o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.

Fai falta lembrar que a Consellería de Educación pon a disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación "admisión alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

ANEXO II (modelo de solicitude)

SOLICITUDE EN LIÑA na web da Consellería de Cultura e Educación

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut