Skip to Content

                              

biblioteca

XUVE E O NADAL: NEVADIÑOS DE NADAL

Este mércores Xuve, deixounos unha encarga moi especial, que nos encantou , facer galletas de Nadal!!!!
 
Na biblioteca deixou colocado o libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo" estratéxicamente para que puidesemos ver a receita que iamos preparar...
 
O primeiro que fixemos foi lavar as mans, e despois fomos ó comedor do colexio para poder cociñar unha encarga taaaan saborosa.
 
Temos que agradecer a Carmen, a nosa cociñeira que foi a que "fornou" as nosas creacións.
 
Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso.
 
Hai que dicir que na receita orixinal incorporaban viño, que nós cambiamos por "zume de mazá" pero os resultados foron espectaculares!!!!

 

 
 

INAUGURAMOS OS CONTACONTOS DAS FAMILIAS!!!!

Este venres inauguramos a "tempada" de "Contacontos" por parte das familias e membros da comunidade educativa.

 A encargada de contar o primeiro conto deste curso foi Carmen, a mellor cociñeira do mundo, a nosa cociñeira!!!!

 O conto que elexiu para compartir con nós foi "Moncho e a mancha" de Kiko Dasilva, editado por Kalandraka.

 Moitísimas grazas a Carmen por compartir con nós o seu tempo e contarnos este conto, que lles gustou moitísimo.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento!!!

 

 

CONTINUAMOS COS EXPERIMENTOS NO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA B.E.

O mes de novembro ( mes da ciencia en galego )  está chegando ó seu fin, e na hora do recreo, na nosa biblioteca, continuamos cos EXPERIMENTOS.

 

Onte a titora de sexto, a profe María Asunción, fixo dous experimentos co alumnado de 1º e 2º de primaria.

Contou coa axuda de parte do alumnado voluntario da biblioteca ( da súa titoría ) para desenvolvelo.

 

Aquí tedes unhas poucas fotos dos experimentos.

 

1. "Masa non newtoniana".

Os ingredientes son sinxelos: auga e fariña de millo. Mistúranse, e a masa vai collendo unha textura estrana.

A peculiaridade desta masa ou fluído é que dependendo da forza que exerzas contra ela,pode ofrecer resistencia ou ser lene.

É dicir canta máis forza empregues para aplastala maior resistencia ofrece.

Se a colles con suavidade vai ser un fluído lene.

Aquí tedes unhas poucas fotos do momento. Pasárono xenial!!!

 

 

2. "Lámpada de lava"

Para este experimento precisaron: un recipiente pequeno, neste caso unha botella de plástico, auga, aceite, corante e unha pílula efervescente.

O proceso foi o seguinte:

Bótase na botella un pouco de auga, despois o aceite ( máis aceite que auga), unhas pingas de corante e despois para que esa lava flúa unha pílula efervescente, que fará reacción e aparecerán burbullas que farán que o corante suba. 

Aquí tedes unhas poucas fotos do momento: 

 

 

Ó rematar  orecolleron todo, e deixaron a biblioteca tal e como estaba antes de chegar... !!!!!!!!

Temos uns axudantes  de bibioteca excepcionais.

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DO NENO

O 20 de novembro de 1989 conseguiuse a aprobación da Convención dos dereitos do neno na ONU.

É por iso que todos os 20 de novembro se conmemora esta aprobación.

Dende a biblioteca e en colaboración co equipo de Convivencia propuxemos o visionado, dependendo das idades, de curtas ou pequenos documentais para concienciar.

Esta canción tan divertida para os pequenos:

 Ou este outro elaborado por UNICEF para os maiores:

Tamén vos queda aquí o enlace a unhas actividades relacionadas coa temática que elaborou UNICEF , premede AQUÍ.

Un PDF de Pocoyo y los derechos de la infancia e outro PDF dos dereitos do neno en galego.

Distribuir contido


by Dr. Radut