PROXECTO DE CIENCIAS

Xa temos as pilas cargadas e comezamos con moi bo ritmo...pero vos preguntaredes como nos foi no proxecto de ciencias do 2º trimestre, non si?
Pois foi...divertidísimo! 
Máis aínda que no 1º trimestre que xa é dicir!
Andivemos investigando no noso planeta e as súas partes: atmosfera, hidrosfera e litosfera
Aprendemos sobre o aire, a auga, as rochas, os minerais e as súas propiedades, as paisaxes, os climas, o relevo, fixemos moitos experimentos, fomos a Naturnova, Centro Interactivo de Educacion Ambiental para reforzar todos estes contidos e tamén aprendemos algo moi importante: como debemos coidar o noso planeta e que é o cambio climático.
Tamén investigamos sobre as máquinas e os seus tipos e ata inventamos as nosas propias! En polos creativos construímos algunhas con legos!
Aprendemos sobre a materia, a densidade, a flotabilidade, o volume, a masa, a lonxitude, os tipos de enerxía e que a enerxía non se crea nin se destrúe, só se transforma como averiguou Antoine Lavoisier. 
Tamén coñecemos a algúns científicos e científicas e nos inspiramos moito neles e nelas para o noso magnífico proxecto de ciencias do 2º trimestre.
E aquí podedes ver algúns dos nosos traballos que expuxemos nos corredores do cole para que todos poidamos aprender xuntos.
Agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós aprender!