PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2012-13
Están publicadas no taboleiro de anuncios do Colexio as listas definitivas de admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2012-13.
Lembramos que o prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2012.
LISTAXES PROVISIONAIS DE AXUDAS PARA FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012
Informamos que saíron as listaxes para a solicitude de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. As listaxes son as seguintes:
ü Solicitudes coa documentación correcta. Anexo I
ü Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto. Anexo II
ü Solicitudes excluídas, coa causa de exclusión.
Estas listaxes poden consultarse na web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
O prazo de reclamacións está aberto ata o 18 de maio.
ACTUACIÓN DO CORO DO COLEXIO NO ENTROIDO 2012
Pinchando no seguinte enlace poderá ver a actuación do coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios durante o Entroido 2012 no colexio:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS AS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2012-13
Publicáronse no taboleiro de anuncios do colexio as listas provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2012-13.
O prazo de reclamacións remata o 7 de maio de 2012.
RADIO FALADORA 105
Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa 105 en versión web de Radio faladora, a nosa Radio Escolar:
https://www.box.com/s/86047ed4687bd5f59131
ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA DO LIBRO
Dende o xoves 19 de abril e ata o 25 de abril de 2012 estanse a facer no colexio diversas actividades para conmemorar o Día do Libro.
O 19 de abril houbo sesión de contacontos ofrecida pola editorial Kalandraka a cargo de Olalla González e Mark Taeger para o alumnado de 6º de E. Infantil.
O luns 23 a escritora e mestra do colexio Susana Lamela e a mestra de inglés Mar Martínez fixeron sesións de contacontos en Galego e Inglés para o alumnado de 4º e 5º de E. Infantil, na que participaron tamén alumnos/as de E. Primaria con narracións escritas por eles.
Este mércores 25 teremos un encontro coa prestixiiosa escritora asturiana Carmen Ojea Gómez, gañadora do premio Nadal de Literatura. A este encontro asistirán os alumnos e alumnas de 6º membros do Club de lectura do colexio Os Comelibros.
ÉXITO DO I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL DO CORO DO COLEXIO
O pasado sábado 21 de abril celebrouse o I Curso de Técnica Vocal Infantil organizado polo CEIP Nosa Sra. Dos Remedios.
Os cantores/as do coro traballaron en dous grupos cos profesores de canto Iria Rodríguez, que traballou coas idades de 6 a 8 anos e Juan Abalde, que o fixo coas idades de 9 a 11 anos.
Foi unha mañá chea de música, pero sobre todo de novos descubrimentos. Practicamos soplos para traballar a respiración, ascendemos e descendemos co son das nosas voces a través de exercicios pancromáticos , xa sabemos o que é a “máscara” e que ese é o lugar dende o que debemos emitir o noso son; o coro dous ata chegou a cantar a catro voces...todo un logro e sobre todo, toda unha nova experiencia.
Tivemos o noso rato de descanso, pero despois da clase de técina traballamos a reo coas profes Ceci e Ruth parte do repertorio que estamos aprendendo nos recreos. Hai que ter todo montado para o noso concerto de final de curso.
Para a clausura, un merecido recoñecemento en forma de Diploma.
NORABOA AOS 94 PARTICIPANTES E GRAZAS AOS PROFESORES POR COMPARTIR CON NÓS O SEU AMOR POLA MÚSICA.
O noso agradecemento tamén ao Equipo Directivo polo seu apoio e ao encargado de facer as fotos, Antonio Reirís, grazas a quen podemos deixar bonitos recordos das nosas experiencias. Máis adiante colgaremos nesta web un slide cos mellores momentos recollidos durante a mañá.
Dende esta web felicitamos ás mestras Ruth Barros (Directora do Coro) e Cecilia López Louro (acompañante ao piano do coro) pola organización desta actividade, que supón un paso máis no traballo pola música que se fai por parte destas mestras e do coro do colexio.
