EDUCACIÓN SEXUAL

O alumnado de 6º de primaria asistiu a unha charla de educación sexual, impartida por 4 enfermeiras, tres de elas residentes de EFC do centro de saúde de Ponteareas, na que se trataron diversos temas como a menstruación, embarazo, métodos anticonceptivos e consentimento entre outros.

POLOS CREATIVOS

Hai moito tempo que non vos contamos que andamos a facer en POLOS CREATIVOS 

Coma podedes ver estamos a facer distintas actividades que fomentan a aprendizaxe práctica. Ciencia, tecnoloxía e creatividade combínanse nestes espazos de innovación onde o alumnado pode desenrolar proxectos en grupo mediante a experimentación, o deseño, abordar problemas reais, realizar fabricación a pequena escala, aprender a linguaxe de programación de robótica e favorecer o pensamento computacional entre outras. Aprendemos creando!

[#poloscreativos](https://www.instagram.com/explore/tags/poloscreativos/)

[#kapla](https://www.instagram.com/explore/tags/kapla/)

[#truetruerobot](https://www.instagram.com/explore/tags/truetruerobot/)

[#lego](https://www.instagram.com/explore/tags/lego/)

[#deseñocondoas](https://www.instagram.com/explore/tags/dese%C3%B1ocondoas/)

[#magsmarters](https://www.instagram.com/explore/tags/magsmarters/)

BAILES NO RECREO

E TI, BAILAS! 
Neste trimestre, na aula de música, entre outras actividades, a mestra Lucía organizou uns bailes na hora do recreo. O/As artistas que temos no cole demostraron a súa creatividade e bon facer ao ritmo da música. Fixérono en grupos, dúos, solistas...E tiveron moita expectación! Recreos diferentes e creativos
 

OBRADOIROS EDUCACIÓN EMOCIONAL

Nestes últimos días o noso alumnado está participando nun obradoiro de educación emocional, de educación para a igualdade e seguridade na Internet; tan necesario para a saúde mental, para a prevención de riscos. para a convivencia e para o benestar.

Grazas Eugenia Urceira polo teu traballo e adicación!

8M - DÍA DA MULLER

HOXE CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

el Diluvi con SÉS - E ti, só ti

8M -AS MULLERES DO NOSO COLE

Aquí temos as mulleres do noso cole, con bonitas mensaxes de admiración co gallo do 8M.

OBRADOIRO USO RESPONSABLE DAS TOALLIÑAS

Nesta semana tivemos un obradoiro para concienciar do uso responsable das toalliñas, aprender sobre as consecuencias mediambientais e e por que non debemos tiralas polo váter.

Debemos pensar en coidar do noso planeta e de todos os seres vivos que vivimos nel!! Non son biodegradables!!

Esta actividade estivo dirixida polo Voluntariado medioambiental do Concello de Ponteareas

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

Instrucións para a admisión do alumnado para o curso 2024-25

O proceso de matrícula para NOVO ALUMNADO comeza coa FASE DE ADMISIÓN. Prazo: do mércores 1 ao luns 20 de marzo.

Para SOLICITAR A  ADMISIÓN, hai tres opcións:

A) Cubrir a solicitude informáticamente, asinala manualmente e presentala no centro. (enlace de descarga aquí)

B) Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. (proceso aquí)

C) Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro. (o impreso tamén se pode recoller na secretaría do centro)

Unha vez finalice o prazo de admisión, publicaranse as listas provisionais, abrirase un prazo para posibles reclamacións e acto seguido publicaranse as listas definitivas; iniciando así a segunda parte do proceso: o PROCESO MATRÍCULA.

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre os prazos, a relación de vacantes ofertadas, a zona de influencia e os servizos complementarios.

Se solicitades máis dun centro educativo, a solicitude de admisión debe ser entregada no centro que solicitades en primeiro lugar.

Importante: Están admitidas todas as solicitudes de reserva dos centros adscritos, con praza adxudicada.

  

Para calquera consulta ou dúbida, poñédevos en contacto co centro no 886110532; ou a través do mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Algúns dos traballos sobre a nosa escritora máis universal
Maianas. Letra, Rosalía de Castro.

O NOSO COMEDOR ESCOLAR

Sabes que o noso cole conta cun comedor de xestión directa? O noso alumnado goza de comida feita no día polo equipo de cociña e non de catering.
Con selo de garantía! No menú escolar contamos con produtos de calidade con orixe Galicia grazas á nova edición da iniciativa da Xunta de Galicia, “Come local”.

Os nenos e as nenas probaron alimentos con Indicación Xeográfica Protexida como as fabas de Lourenzá e as patacas de Galicia. Que delicia!
#galiciacomelocal #fabadelourenzá #patacadegalicia

 

Distribuir contido