A PITA FALADORA 2023/24 - Nº45
Un ano máis, aproveitamos a Semana das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Luisa Villalta.
A nosa Pita Faladora xa vai polo número 45 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.
OBRADOIRO CORPUS
O Corpus Christi de Ponteareas 2024 coas súas alfombras florais vén de ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
Onte os mozos de 5º e 6ºEP asistiron a un obradoiro para aprender como é o proceso de confección das alfombras e tamén coñeceron os materiais que se usan nesta noite máxica...
Xa se sente nas rúas da vila que chega o Corpus!
O DEPORTE PARALÍMPICO: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO
O alumnado de 6ºEP, a partires da práctica de deportes paralímpicos na aula de Educación Física, de falar da muller do deporte e do pasado 8M, realizáronlle as seguintes preguntas á triatleta paralímpica viguesa SUSANA RODRÍGUEZ GACIO.
Dende aquí lle mandamos os nosos mellores desexos para os Xogos Paralímpicos de París 2024 e lle damos as grazas por adicarnos o seu tempo en dar resposta ás nosas inquedanzas.
DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Así traballaron os máis pequeniñ@s do cole hoxe o conto "Vivan as uñas de cores" para conmemorar o día mundial contra o acoso escolar e aprender que o respecto e a igualdade son uns valores indiscutibles.
SEMANA DO LIBRO
Que ben o pasamos nesta semana do libro!!
O Equipo de Biblioteca organizou a tradicional Feira do libro, fixemos marcapáxinas preciosos, os alumn@s de 6º puideron coñecer á escritora Esther Sestelo e, para clausurar a semana, a escola de música moderna de Ponteareas CDM nos ofreceu un concerto de jazz, onde dous dos alumnos máis destacados, Alberto e Daniel, improvisaron ao saxo e ao piano respectivamente. Ademais podemos dicir moi orgullosos que Berto e Dani son exalumnos da nosa escola e lles desexamos todo o mellor nas súas carreiras!
Moitas grazas a Esther Sestelo e a Carlos, director do CDM Ponteareas @centrodemusicamoderna por colaborar con nós.
SEMANA DA MÚSICA
PROXECTO CIENCIAS DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DE ED. PRIMARIA 2º TRIMESTRE
PLÁSTICA PLURILINGÜE 2º TRIMESTRE
Dedicamos este 2ª trimestre a coñecer a vida e obra de Joan Miró e @s nos@s artistas crearon estas obras de arte que vos amosamos neste vídeo
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN
Hoxe, 8 de abril, publícanse as listaxes provisionais de admisión do alumnado que solicitou praza para o curso 2024/25. Todo o alumnado que solicitou praza en niveis onde había vacantes, está admitido. Poden consultalas no taboleiro interior do centro ou chamando ao teléfono 886110532.
Así mesmo, os solicitantes que teñan chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico, poden consultalas no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »