SAÍDA 3ºEP - CORAXFAUNA

A saída de 3° foi a @coraxfauna

CORAX é un Centro Educativo da Fauna autorizado por la Xunta de Galicia que promove actividades lúdico-formativas orientadas a xerar respecto e amor á natureza, para apreciar a fauna dende moi preto gozando dela.
#coraxfauna #respectopolanatureza

BIBLIOTECA CREATIVA

Como remate a este curso mostramos o traballo realizado dentro do programa de Bibliotecas Creativas. Un vídeo elaborado polo alumnado de sexto de primaria que recolle as normas de uso e o funcionamento da mesma. E vós, coñecedes a biblio do cole?

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado venres 16 asistimos ao gran festival de fin de curso onde comprobamos os fabulosos artistas que temos no noso cole!
Parabéns! 
E moitas grazas á mestra Lucía por organizalo!.

SAÍDA 1ºEP - MONTE ALOIA

O mércores 14, os nosos alumnos e alumnas de 1° foron ata Tui para coñecer á Fada do Aloia coa que aprenderon moito sobre a maxia da natureza e educación ambiental nun dos parques naturais máis fermosos de Galicia. 
#educaciónambiental #montealoia @a_fada_do_aloia

SAÍDA 5ºEP - ILLA DE SAN SIMÓN

O alumnado de 5º de primaria, na súa saída de fin de curso, viviu unha aventura navegando pola ría de Vigo ata a illa de San Simón. Visitaron o museo e tiveron que resolver uns retos recorrendo a illa enteira!
Foi divertidísimo!
#illadesansimón

SAÍDA 4ºEP - MARIKINÁ PARK

Que ben o pasaron os nenos e nenas de 4° na súa saída de fin de curso!
#marikinápark

PLAN REVITALIZA

A semana pasada foi a quenda de 3°, 4° e 5° de Ed. Primaria de realizar as actividades de Revitaliza: "Quen anda aí?" e "Intrusos no composteiro".
Aprendemos observando e experimentando
#quenandaaí #intrusosnocomposteiro #planrevitaliza #compostaxe

SAÍDA 2ºEP - CAMIÑO DE SANTIAGO

ULTREIA! 
O venres 2 de xuño, mentres no cole Infantil e 1º curso se divertían na Convivencia inspirada no Camiño de Santiago, os nenos e nenas de 2º tiveron o privilexio de poñer o broche final ao proxecto de centro deste curso cun reto moi difícil: facer o último tramo do camiño dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro.
Foron recibirnos uns peregrinos mois especiais que coas súas cancións nos sinalaron o comezo do tramo dende onde percibíamos, cunha vista fermosísima e moi de lonxe, a Catedral.
Durante o tramo coincidíamos con peregrinos e peregrinas de todas as idades e nacionalidades cos que nos desexabamos mutuamente "bo camiño!", moitos deles saían a aplaudirnos e ata os vehículos nos pitaban! Isto nos daba pulo e ledicia nos nosos pasos. Non o esqueceremos endexamais!
Como tampouco esqueceremos o intre no que chegamos por fin á Praza do Obradoiro e alí sentados puidemos admirar a inmensidade e fermosura da Catedral de Santiago.
ULTREIA!
@vexoveoxacobeo #vexoveoxacobeo #camiñodesantiago #ultreia #bocamiño

CONVIVENCIA EDUCACIÓN INFANTIL

Tras tres anos interrompida pola pandemia, podemos dicir ben alto: VOLVEMOS A TER CONVIVENCIA DE INFANTIL!!

Este curso dedicada ao tema do proxecto de centro: o Camiño de Santiago.
Foi todo un éxito!!! Papás, mamás, nenos e nenas pasárono como pícaros. Xa tiñamos ganas de festa, xa tiñamos ganas de convivencia! 
Noraboa a todos os pais e nais que puxeron o seu esforzo e traballo para sacala adiante.

Agradecementos a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de Ponteareas, así como a Garda Civil de Pontevedra.
Agradecemento tamén aos colaboradores: Frutas Santy, Cash Record, Panadería Areas, Carnicería Braña, Conxelados ElMar e CocaCola.

Ata o ano que vén!!
#camiñodesantiago #xacobeo2122 #vexoveoxacobeo

OBRADOIRO ALFOMBRISTA

XA ARRECENDE A CORPUS! 
Chegou ese intre do ano no que todo Ponteareas se pon mans á obra, e os nosos alumnos e alumnas de 5° e 6° tamén cun obradoiro no que aprenderon a técnica coa que se fan as nosas famosas alfombras.
#corpusponteareas2023 #arteefímera #alfombrasfloraisponteareas

Distribuir contido