8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte celebramos no cole o 8M e tinguimos o cole de lila! 
Levamos traballando a figura da muller dende o 11 de febreiro, día da muller e a nena na ciencia.
Aquí podedes ver como se traballou nos distintos niveis.
Hoxe culminamos coa visita da avogada e escritora Isabel Blanco, invitada polo club de lectura dos cursos 5º e 6º de Ed. Primaria.
Todo un luxo!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

E así quedaron os nosos traballos sobre ROSALÍA DE CASTRO destes días. 
Actividade organizada polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.
Música: Uxía (Letra: "Alborada", Cantares Gallegos, Rosalía de Castro)

ENTROIDO 2023

Así celebramos o entroido no noso cole: ordes do meco toda a semana, desfile final o venres, chocolatada, baile... e a desfrutar todo o mundo!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Así celebramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Os nenos e nenas de 3ºA e máis o seu mestre Borja gravaron un vídeo sobre o "bullying", ou acoso escolar, que estivemos a ver e comentar nas clases estes días co gallo do día escolar da non violencia e a paz.
Un aplauso para elas e eles porque fixeron un bo traballo! 
Hoxe temos o acto onde alumnos e alumnas de 6º, dirixidos polas súas titoras Olga e Elena, lerán un manifesto e presentarán as actividades que cada aula do cole estivo a preparar para aprender e concienciar sobre o tema.
Tamén o equipo de Plástica Plurilingüe se encargou de crear coas nenas e nenos de Ed. Primaria a pancarta que lucirá no acto de hoxe. A que quedou ben bonita?
Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Convivencia e Imaxe.
 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2023

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Martes 14 de febreiro ás 17:00h

Mércores 15 de febreiro ás 12:45h

Vide a coñecer o noso cole, esperámosvos!

SE ALGUÉN QUEDOU SEN VISITAR O CENTRO, PODE CONTACTAR CON NÓS PARA SOLUCIONAR DÚBIDAS OU AMOSAR AS INSTALACIÓNS. 

NADAL 2022

Aquí vos deixamos unha mostra de como vivimos o remate do 1º trimestre deste curso:
O equipo de mestres e mestras decoramos as portas das clases e os corredores, o equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un dicionario de termos do Nadal, o equipo de Plástica Plurilingüe fixo os adornos para as árbores e o equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizou a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente coa colaboración da ANPA, e as campanadas de fin de ano cunha súper festa onde bailamos e cantamos sen parar!

PROXECTOS DO CENTRO

Nos últimos días temos moitas novas sobre os proxectos nos que estamos a traballar no centro, animámosvos a que pasedes polo noso Facebook para ollear o que se estivo a facer:

- Proxecto de Ciencias 1º trimestre: O CAMIÑO DE SANTIAGO

- Estrea da aula de Polo Creativo: XOGOS TRADICIONAIS ROBOTIZADOS

- Proxecto de plástica bilingüe: MARUJA MALLO

Click aquí para enlazar ao noso Facebook

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Estes días estivemos a traballar nas aulas cos nosos alumnos e alumnas os Dereitos Humanos, a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

Distribuir contido