Convivencia E. Infantil

Actividade na que participan alumnos/as, pais/nais e mestras/es de E. Infantil.

CONVIVENCIA EDUCACIÓN INFANTIL

Tras tres anos interrompida pola pandemia, podemos dicir ben alto: VOLVEMOS A TER CONVIVENCIA DE INFANTIL!!

Este curso dedicada ao tema do proxecto de centro: o Camiño de Santiago.
Foi todo un éxito!!! Papás, mamás, nenos e nenas pasárono como pícaros. Xa tiñamos ganas de festa, xa tiñamos ganas de convivencia! 
Noraboa a todos os pais e nais que puxeron o seu esforzo e traballo para sacala adiante.

Agradecementos a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de Ponteareas, así como a Garda Civil de Pontevedra.
Agradecemento tamén aos colaboradores: Frutas Santy, Cash Record, Panadería Areas, Carnicería Braña, Conxelados ElMar e CocaCola.

Ata o ano que vén!!
#camiñodesantiago #xacobeo2122 #vexoveoxacobeo

IX CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí podes ver imaxes da IX Xornada de convivencia de Educación Infantil, levada a cabo o pasado 10 de xuño.

 

III CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL

III CONVIVENCIA DE E.I.

O día 19 de xuño de 2008, como ven sendo xa habitual no noso colexio, celebrouse a III Convivencia de Educación Infantil, na que se reunen os nosos alumnos e alumnas do colexio e das escolas adscritas, cos seus mestres e mestras, pais e  nais. Nesta convivencia levanse a cabo varios obradoiros a cargo de nais e pais dos alumnos e alumnas, tamén acuden organismos colaboradores como son Bombeiros, Garda Civil e Seguros Santa Lucía que ensinan os rapaces o seu labor.

Estes obradoiros pódense ofertar e levar a cabo precisamente pola gran colaboración das familias e mestres pero tamén pola gran aportación das entidades colaboradoras.

Para ver todo isto entra no apartado de Actividades -> III Convivencia E. Infantil, desta mesma web do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios".

 

 

Distribuir contido