DÍA DA PAZ

"...Dende o noso colexio queremos achegar ao mundo unha mensaxe de que sabemos manter, protexer e esixir a paz entre nós. Agardamos que o mundo no que imos vivir estea formado por xente que quere e coide a paz. No noso colexio todos os días son o DÍA DA PAZ..."
Este é un cachiño do manifesto a favor da paz e en contra da violencia que leron 3 alumn@s de 3º de Ed. Primaria.
Moitas grazas a Anxo, Lethi e Daniela que deron voz ao sentir de toda a nosa comunidade.
 
E aquí podedes ver como quixemos que se vexa o noso berro pola PAZ e que chegue o máis lonxe e alto posible.
 
 
Logo bailamos tod@s xunt@s "Amigos para siempre" canción dos Xogos Olímpicos de Barcelona`92, un himno a amizade entre todos os continentes do mundo representados cos aros olímpicos e que enlaza co tema central deste curso.
Esta actividade estivo organizada polos equipos de Convivencia e Imaxe e Biblioteca.

O ENTROIDO OLÍMPICO

ASÍ DE BEN O PASAMOS NO NOSO ENTROIDO OLÍMPICO! 

E na chocolatada e baile que viñeron despois... BO ENTROIDO! 

Esta actividade estivo organizada polos equipos de Actividades Complementarias e Extraescolares, Dinamización da Lingua galega e Plástica Plurilingüe.
 

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Conmemoramos o Día Mundial da Educación Ambiental (26 de xaneiro) achegando aos nenos e nenas dos colexios os recursos necesarios para continuar avanzando na concienciación do coidado do medio ambiente.

Ao longo da semana, un técnico do Concello, Rubén, xunto ao edil de xuventude Cristian Montes, explicou á cativada diferentes formas de coidar da súa contorna. Ata aprenderon a crear unha patrulla ambiental!!

 

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Hoxe, 24 de xaneiro, conmemórase o día Internacional da Educación e para elo quixemos recompilar o que significa para vós este concepto, que tan importante é no noso día a día. 

 

Grazas a todas e todos!

O Equipo de Biblioteca

#díainternacionaldelaeducación 

#bibliotecaspublicas 

#bibliotecasescolaresdegalicia 

 #abibliodexela

RANCHOS DE REIS

Hoxe queremos lembrar a actuación coa que rematamos o 1º trimestre organizada por Lucía, a mestra de música.

Puidemos gozar dos Ranchos de Reis, típicos da nosa zona. Neste caso, de Guláns.
Moitas grazas por vir, e por coidar e manter as nosas tradicións! 
  
 

ALMANAQUE 2024

O equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou este almanaque para o ano 2024deseñado polos nosos alumnos e alumnas e que ten como tema central "OS XOGOS OLÍMPICOS", tema sobre o que estamos a traballar coma proxecto de centro... aquí o tedes para descargar!
Quedou estupendo!
Portada almanaque 2024

PROXECTO DE CIENCIAS DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DE ED. PRIMARIA 1º TRIMESTRE

Neste curso 23-24 tamén quixemos unir o proxecto de centro "Os Xogos Olímpicos" co proxecto de ciencias despois de ver o ben que funcionou o curso pasado. Así que puxemos mans á obra e fixemos a temporalización de contidos relacionándoos cos Xogos Olímpicos.
Neste 1º trimestre dedicamos as Ciencias Sociais ás Leccións do Pasado.
Afondamos na Idade Antiga e en especial na civilización grega como non podía ser doutra forma, ao ser o berce dos XX OO.
Así, @s alumn@s aprenderon que o paso da Prehistoria á Idade Antiga o marca a aparición da escritura, e puideron facer un obradoiro de grego antigo no que aprenderon a escribir os seus nomes coas letras gregas. Tamén aprenderon sobre a vida e costumes da Grecia Antiga e as diferenzas do pasado co presente. Nos distintos andares dos corredores puideron obter información sobre os deportes deses Xogos Olímpicos do pasado: as carreiras de cabalos e de carros e o pentatlón. Ata probaron sorte coa súa puntería e no salto de lonxitude! Tamén tiveron que pasar unha serie de retos para descifrar o nome dun auriga (xinete) famoso: o auriga de Delfos.
Enlazamos ca arte, ao descubrir que moito do que podemos saber do pasado nolo din as fontes históricas, as estatuas, pinturas,... e así poderemos saber a importancia da súa conservación e respectalas.
En Ciencias da Natureza dedicamos o trimestre ao bloque de Materia, forzas e enerxía.
Aprendemos sobre os distintos materiais, a súa orixe, as propiedades... e fixemos experimentos usando o método científico. Para enlazalo cos Xogos Olímpicos fixémolo cos materiais que se usan nos distintos deportes e das medallas. No tema das máquinas simples e compostas as traballamos cos legos en Polos Creativos e tamén aprendemos a súa evolución co paso do tempo e as súas utilidades, identificando as que se usaban no pasado e como foron mellorando nas distintas etapas da historia.
Os nenos e nenas aprenderon moito e a aprendizaxe foi significativa e sobre todo, moi divertida!

FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO 2024

Deixámosvos unhas imaxes para que vexades o bonito que está o cole nestas datas. A clase de 3ºB quere amosarvos o que andiveron a facer en Polos Creativos. Algunhas aulas de Ed.Infantil aprenderon de repostería e os cursos de 5º e 6º gozaron do concerto que deron os mozos e mozas do IES Pedra da Auga. Non paramos!
Tamén vos ensinaremos o moitísimo que aprendemos no 1º trimestre do Proxecto de Ciencias no que visitamos a Antiga Grecia nos vindeiros días!
VOLVEMOS O 8 DE XANEIRO CON MOITAS FORZAS PARA COMEZAR O 2º TRIMESTRE!

COÑECENDO O JIU JITSU

Os pasados días tivemos a oportunidade de descubrir un novo deporte: o Jiu Jitsu!

Enlazado co noso proxecto anual de centro sobre os Xogos Olímpicos, levamos a cabo sesións desta arte marcial con todo o alumnado de primaria nas clases de Ed. Física.
Descubrimos formas de controlar a outra persoa e desfrutamos moito.
Grazas ao club Atenea Grappling pola súa axuda e polo seu tempo.

Exposición de Plástica Plurilingüe MARIETA QUESADA

No departamento de Plástica Plurilingüe de Ed. Primaria cada trimestre dedicámosllo a un artista e traballamos a súa vida e obra.
Neste 1º trimestre do curso quixemos dedicarllo a unha artista viguesa, a Marieta Quesada.
Nada nun ambiente familiar de artistas Marieta Quesada estuda Belas Artes na Facultade Santa Isabel de Hungría de Sevilla e comeza a súa andaina no mundo da pintura en Santiago de Compostela en 1980.
Aquí podedes ver algunhas das obras de arte que fixeron @s alumn@s e que amosaron na exposición dedicada a Marieta Quesada á que tamén foron invitadas as familias.
Queremos darlle as grazas por vir visitarnos! 
De seguro que foi unha experiencia que @s nen@s non esquecerán! 
Distribuir contido