DÍA DA PAZ

"...Dende o noso colexio queremos achegar ao mundo unha mensaxe de que sabemos manter, protexer e esixir a paz entre nós. Agardamos que o mundo no que imos vivir estea formado por xente que quere e coide a paz. No noso colexio todos os días son o DÍA DA PAZ..."
Este é un cachiño do manifesto a favor da paz e en contra da violencia que leron 3 alumn@s de 3º de Ed. Primaria.
Moitas grazas a Anxo, Lethi e Daniela que deron voz ao sentir de toda a nosa comunidade.
 
E aquí podedes ver como quixemos que se vexa o noso berro pola PAZ e que chegue o máis lonxe e alto posible.
 
 
Logo bailamos tod@s xunt@s "Amigos para siempre" canción dos Xogos Olímpicos de Barcelona`92, un himno a amizade entre todos os continentes do mundo representados cos aros olímpicos e que enlaza co tema central deste curso.
Esta actividade estivo organizada polos equipos de Convivencia e Imaxe e Biblioteca.