PROXECTO CIENCIAS E SAÍDA MUSEO DO MAR

No proxecto de Ciencias deste 1º trimestre no que traballamos conxuntamente os cursos dende 1º a 4º de Ed. Primaria estamos de cheo estudando o paso do tempo.

Como o estamos a enlazar co proxecto de Centro, que este curso serán OS XOGOS OLÍMPICOS, o tema central no que imos afondar é, como non podía ser doutro xeito, a IDADE ANTIGA, e en particular a civilización grega.
Pero en 1º e 2º quixemos ir máis ao pasado aínda, e fomos ao MUSEO DO MAR a lembrar a etapa da Prehistoria. Coñecemos a unha nena chamada Mariñona e o seu gran invento: a cerámica.
Tamén fomos visitar o acuario e dar un paseíño polos arredores xa que tivemos a sorte de ter un día solleiro.