Escolares

The Solar System

Os nosos alumnos e alumnas de 4º na materia de Plástica bilingüe fixeron unha magnífica exposición:
"The Solar System"
Un aplauso enorme!

REVITALIZA - ACTIVIDADES SOBRE COMPOSTAXE

Nestas semanas estamos levando a cabo actividades de respecto pola natureza, organizadas pola Deputación de Pontevedra dende o programa REVITALIZA; e a axuda con Concello de Ponteareas.

Instalamos un composteiro, déronnos unha charla sobra a súa montaxe, charlas de microcompostaxe, xogo da miñoca... aquí unha pequena mostra dalgunhas actividades.

 https://revitaliza.depo.gal/

GAÑADORES CONCURSO SAMAÍN

Xa temos gañadores/as do concurso SAMAÍN 2020, organizado polo Equipo de Biblioteca do cole.

Noraboa e grazas a todo/as por participar!

 

O MAGOSTÍN

VELAQUÍ ESTÁ!
XA CHEGOU O SAN MAGOSTÍN!
Que non sabedes que é?!?!
Este curso no noso cole fixemos unha mestura de todas as festas de outono.
O/As neno/as fixeron uns traballos de Plástica preciosos pero no medio coáronse fotos que nada teñen que ver co noso Magostín
Seredes quen de atopar os intrusos?
Comezamos con Ed. Infantil:
 
Quenda agora de 1º e 2º:
 
Agora 3º e 4º:
 
Por último, 5º e 6º:
 

O SAMAÍN NO COLE

Así foi como celebramos o Samaín no cole.

Distribuir contido