Secretaría

LISTAXES FONDOLIBROS E VALES MATERIAL ESCOLAR 2023/24

Hoxe publícanse as listaxes PROVISIONAIS, que segundo marca a convocatoria, soamente se poden expoñer no taboleiro do centro OU consultar na aplicación fondolibros co certificado electrónico ou chave365. (Centro, horario 9 a 14h)

 

PRAZO RECLAMACIÓNS: luns 3 e martes 4 de xullo na secretaría do centro.
 
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 5 de xullo de 2023.
 
Os vales entregaranse os días 5, 6 e 7 de xullo.
Os libros de texto deste fondo entregaranse ás familias os días 5, 6 e 7 de setembro de 2023.
NOTAS: 
* Poden autorizar POR ESCRITO a outras persoas para vir a recoller os vales.
* Os vales non recollidos en xullo, poden ser recollidos en setembro xunto cos libros de texto.
*Teñan en conta que en 1º, 2º, 5º e 6º de E.Primaria non hai libros, polo que non sae vale para os mesmos nin adxudicación de lote algún.
Ponteareas, a 30 de xuño de 2023

ALUMNADO ANOTADO AOS SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

Publícanse no taboleiro interior de anuncios do centro as LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ANOTADO aos servizos de comedor e transporte escolar para o próximo curso 2023/24. SOAMENTE É UNHA RESERVA.

A primeiros de setembro, publicaremos as listaxes DEFINITIVAS.

O NOVO ALUMNADO, solicitará estes servizos no prazo de matrícula, xunto cos impresos do centro (20 ao 30 de xuño).

Os formularios de reserva xa están pechados, se alguén quedou sen solicitar praza dentro do prazo, deberá facelo por teléfono na secretaría do centro (886110532).

INSTALACIÓN E REXISTRO DE ABALARMOBIL: VIDEOTITORIAL

No seguinte vídeo poderás ver unha explicación para a instalación e rexistro da aplicación AbalarMobil

CONSULTA DE CUALIFICACIÓNS POR ABALARMOBIL

 A partir desa hora teredes acceso ás mesmas a través dos vosos teléfonos na aplicación abalarMobil.

É preciso que descarguedes e instaledes a aplicación abalarMobil nos vosos teléfonos.

No arquivo adxunto tedes un manual resumido de instalación e consulta das cualifiacións dos vosos fillos/as.

NOTA: Tamén incluímos o arquivo co manual de uso íntegro.

DOCUMENTOS ORGANIZATIVOS DO CEIP PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Nos ficheiros adxuntos están o Proxecto Educativo e a Programación Xeral Anual do CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios con todos os documentos que os constitúen.

SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS DO COLEXIO

O CEIP PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS CONTA COS SEGUINTES SERVIZOS COMPLENTARIOS:

- TRANSPORTE ESCOLAR PARA O ALUMNADO QUE LLE CORRESPONDE SEGUNDO A LEXISLACIÓN

- COMEDOR ESCOLAR CON 280 PRAZAS

Distribuir contido