Febreiro: mes do entroido

Chegou o Meco!!E con el o Entroido! Lembrade mirar o que vos manda levar cada día ao cole e... a entroidar!!!!!
Entroido:
O entroido, antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo. O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interés turístico nacional
Entroido na wikipedia
O vindeiro día 17 celebraremos no centro o Entroido, coa colaboración da ANPA Río de Va e abriremos o centro a toda a comunidade para que o celebren con nós na II Xornada de Portas Abertas. Pode vir quen queira a ver como se traballa no noso centro, e de paso celebrar con nós o Entroido.A xornada será a seguinte:
9:30-11-30 Talleres nas aulas a cargo das mestras
11:30-12:00 Recreo
12:00-12:10 Nos disfrazaremos nas aulas
12:10-13:10 Animación por parte da ANPA
13:10 Comellada!
Bo Entroido!!!
Recordade que se reanudarán as clases o xoves 23
Recursos do Entroido
Máis recursos do Entroido