try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

21-11-14: Visita Complexo Ocio Bosque Verde (6º EI e todo EP)

O vindeiro venres fomos invitados gratuitamente polo Parque Ferrol a unha saída as súas instalacións para probar unhas novas instalacións que albergan un circuíto cuberto equipado con todos os elementos necesarios para que os nenos poidan aprender practicando situacións reais de peón, ciclista ou condutor, baixo as máis estritas medidas de seguridade.

Os coches, todos con enerxía eléctrica, son unha clara aposta pola sostibilidade, sen dúbida o futuro da automoción mundial. Dispoñemos de  coches fabricados especialmente para nenos que ofrecen as mellores condicións de comodidade e seguridade na súa condución.

Kids Karting El Bosque Verde conta cun equipo pedagóxico de luxo composto por pilotos profesionais do karting con moitos anos de experiencia en formación de nenos.

Pero non só traballaremos educación vial posto que a velocidade, a propulsión, a freada, a aceleración, ou a enerxía son conceptos básicos na automoción. En Kids Karting El Bosque Verde contaremos cunha aula 2.0 equipada cunha lousa dixital Promethean, un simulador de condución e un taller mecánico. Unha aula na que a física, a química, as matemáticas ou a estatística serán achegadas aos nenos dun xeito práctico e lúdico, o mellor xeito de aprender.

O Bosque Verde conta tamén con La Cabaña, unha zona infantil equipada cun parque de xogos con capacidade para 100 nenos, consolas, simuladores, karaoke e moitas outros elementos, na cal realizarmos distintas actividades lúdicas e didácticas que completasen unha oferta única.

Os alumnos tamén poderán gozar dun almorzo na zona de restaurante na que os nenos poderán gozar do almorzo que está  incluída na visita