OBRADOIROS NA ESCOLA

CHARLAS IMPARTIDAS POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE, ORIENTADAS AO NOSO ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA E AS SÚAS FAMILIAS

ENTROIDO 2023

Xa chegou o Entroido. Aquí vos deixamos os mandados do Meco deste ano!! 

CALENDARIO PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2023/24

 

  • Reserva de praza Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

  • Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado 22 de febreiro.

  • Publicación vacantes antes do 1 de marzo.

  • Presentación solicitude admisión Do 1 ao 20 de marzo.

  • Presentación documentación xustificativa en caso de baremar 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Este ano será ata o 31 de marzo.

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos 25 de abril.

  • Prazo de reclamación 5 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das listaxes.

  • Publicación das listaxes definitivas o 15 de maio.

  • Prazo de reclamación Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte ao da súa publicación.

  • Centro adscrito EEI San Pedro.

  • Centro de adscrición IES Mendiño.

  • Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño.

RESERVA DE PRAZA NO IES MENDIÑO

Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 abriuse o prazo para que o alumnado de 6º reserve praza no  IES MENDIÑO para o curso escolar 2023/2024.

Se desexan que os seus fillos cursen 1º de ESO nese centro deberán cubrir o impreso de reserva ( ED550A ) e presentalo na secretaría do CEIP OUTEIRO DAS PENAS. (*)

Habitualmente o IES MENDIÑO ten prazas suficientes para acoller a todo o alumnado. Se este ano ocorre o mesmo unha vez entregado este impreso de reserva xa se considerarán

admitidos e só deberán formalizar a matrícula a finais de curso no instituto.

Se teñen a reserva aceptada no IES MENDIÑO NON PODERÁN solicitar a admisión noutro centro. Para facelo deberán renunciar por escrito a praza reservada (antes do 28 de febreiro).

O prazo para facer a solicitude noutro instituto distinto abrirase do 1 ao 20 de marzo.

NORMATIVA APLICABLE:

DECRETO 13/2022 DO 3 DE FEBREIRO ( DOG 11 de febreiro de 2022)

ORDE 21 de outubro do 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)

 

Máis información no colexio, na web da Consellería de Educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

(*)Este impreso tamén pode cumprimentarse en internet na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregalo no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.

SAMAÍN 2022

Este ano celebramos o Samaín xunto coas nosas mascotas. Mirade que terroríficas quedaron! Preme na imaxe para ver o vídeo.

CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL

A semana pasada estreamos no noso centro un circuito de educación vial para comunicar os dous patios de educación infantil. @s máis peques están encantad@s.

 

 

 

AXUDAS CONCELLO MATERIAL INFANTIL

Hoxe publicáronse as bases para a solicitude de material escolar.

O prazo de solicitude é dende o 15 de xullo ata o 10 de agosto.

TRABALANDO COAS TICS 2021-22

Ao longo deste curso 2021-22 levamos a cabo unha serie de actividade e prácticas utilizando diferentes recursos e materiais robóticos. Así, en infantil comezamos a traballar con Qobo un robot que introduce aos máis pequenos na linguaxe computacional dunha forma moi lúdica. por outro lado, en primaria introducimos os xogos de mesa e programación tamén dunha forma práctica e divertida e tamén diferentes actividades  utilizando a placa makey makey. O alumnado de 5º e 6º dado que están no proxecto edixgal, realizaron diferentes prácticas co robot Mbot e algúns dos seus sensores para traballar o pensamento lóxico e computacional e tamén co deseño e impresión 3D utilizando o programa de deseño Tinkercad. A continuación pódese ver un pequeno resumo destas actividades.

 

Powered by Drupal - Design by artinet