CINE NO OUTEIRO: CURTAS DE ANIMACIÓN CON STOP MOTION
Por fin podemos publicar as curtas de animación "oso atrapabolboretas" que fixemos co alumnado de infantil e "o camiño das mazás" realizado polas aulas de 2ºA, 4ºA e 4ºB dentro da convocatoria nos tamén creamos e enmarcado todo dentro do proxecto de ceentro "o cine". Durante un mes tivemos que crear as personaxes, os escenarios, gravar as voces e montar unha curta que dera vida ao libro. Podedes ver todo o proceso de elaboración no making-off. Prema nas imaxes para ver os vídeos.
- OSO ATRAPABOLBORETAS. MAKING OFF (COMO O FIXEMOS)
- O CAMIÑO DAS MAZÁS. MAKING OFF (COMO O FIXEMOS)
E para celebralo fixemos un estreno por todo o alto con entradas, copos de millo...
ECOPERCUSIÓN 2022
Ao longo desta semana, o CEIP Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela) realizou un obradoiro de “ecopercusión” para TODO o alumnado do centro (250 alumn@s), dende os 3 anos ata 6º de E.P. O obradoiro foi impartido por Didier, un mestre de percusión cubano e ten como base a re utilización dalgúns obxectos e materias como cubos de pintura, útiles de cociña, bidóns… dende un punto de vista musical mediante ritmos de batucada. Así, ao longo de varios días, cada unha das clases realizou o seu obradoiro tal e como se das pezas dun puzzle se tratara e unha vez rematado con todos os grupos realizouse unha exhibición de todo o alumnado do centro de forma conxunta e integrada.
Este obradoiro ten a particularidade de ser unha actividade enfocada ao gran formato, así que nesta ocasión quixemos facela extensible a toda a comunidade educativa e por este motivo invitamos a participar ao profesorado, a todas as mamás e papás que quixeron involucrarse.
Preme na imaxe para ver as fotos e os vídeos.
ABERTO PRAZO
Fondolibros e axudas adquisición libros de texto e material escolar 2022-2023 ( Orde 29 de abril do 2022 ).
Prazo de presentación de solicitudes: Do 19 de maio ao 22 de xuño ámbolos dous inclusive.
Forma de presentación:
-Presencial no centro
-Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( Procedemento ED330B )
ADMITIDO TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE
Informamos a todos os responsables que fixeron solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022-2023 que todo o alumnado foi admitido.
MAIOS 2022
Seguindo coa tradición dos maios da nosa vila de Redondela e tendo en conta a situación actual provocada polo COVID, amosámosvos o traballo realizado no centro para celebrar os maios neste curso 2021-22.Todas as coplas de primaria foron feitas por cada unha das clases.
Preme na imaxe para ver un resumo e os vídeos das coplas. Para ver todas as fotos, preme AQUÍ.
EASTER 2022
Esta semana celebramos Easter en todas as clases con diferentes actividades como a búsqueda dos ovos de Pascua, xogos de preguntas e lanzamento de ovos.
Tamén visitounos o Señor Coello de Pascua, “Mr. Easter Bunny”, quen trouxo lambetadas para adozar a mañá. O alumnado pasouno de marabilla.
A decoración, realizada nas clases de Plástica, quedou fantástica. Parabéns polo voso traballo.
Feliz Pascua a tod@s!
This week we celebrated Easter at school in all classes. We have done different activities such as an Easter egg hunt, a quizz and an Easter egg toss. Also, Mr Easter Bunny visited us and gave candy to everyone. The students had a great time.
Congrats on the fantastic crafts made in the Art lessons :)
Happy Easter!
SOLICITUDE DE MATRÍCULA
" Dende o día 1 ata o 21 de marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022-2023 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo así como para aqueles alumnos de Educación Infantil e Primaria que desexen cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.
Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación e poidan presentala de forma presencial no centro ou por vía electrónica a través da propia aplicación".
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »