RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Todo o alumnado da EEI San Pedro que reservou praza no noso centro foi admitido.

Todo o alumnado de novo ingreso  para o vindeiro curso 2022-2023 foi admitido no noso centro.

Día escolar da non violencia e da Paz

A ÁRBORE DA AMIZADE

A amizade hai que coidala día a día, regala coma unha planta. E iso conséguese coa empatía, co cariño, co repecto e coa confianza mutua.

XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES!!

Preme na imaxe para ver a actividade na que participou todo o alumnado do centro.

 

 

Día da Paz 2022

O pasado luns 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Clica na imaxe para ver o vídeo que fixemos.

 

NADAL 2021

Hoxe celebramos o nadal cunhas actuacións musicais. Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos.

 

Last Friday the 19th, we celebrated Christmas in our English classes. We celebrated with  our language assistant Erin, and did activities, such as storytelling and playing music. Click on the images to watch the presentations.

O venres 19 celebramos o Nadal en inglés e fixémolo con contos e cancións acompañados por Erin, a nosa auxiliar de conversa. Premer nas imaxes para ver as presentacións.

 

                                     

 

NADAL 2021: (STREAMING) HORARIOS E PROGRAMACIÓN.

Queridas familias.

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este nadal 2021 no noso centro ao igual que o curso pasado, realizaremos unha serie de actuacións musicais que estarán programadas ao longo da mañá do vindeiro luns día 20 en cada unha das aulas. A diferencia doutros anos, será a cámara a que se mova por todas e cada unha das clases. A idea é realizar unha emisión en directo (streaming) a través da canle youtube do centro (sempre que técnicamente sexa posible e non haxa problemas de conexión, problemas técnicos...) Así, cada aula representará unha actuación musical a unha hora en concreto da mañá. Paralelamente realizarase unha gravación de cada actuación por se hai problemas coa emisión. Esta gravación estará igualmente dispoñible na páxina do centro ao longo do día 20. Máis INFO.

 

HORARIO DAS ACTUACIÓNS. (Hora de comezo da actuación)

  • 10.00h - 6º infantil.
  • 10.15h - 5ºA infantil.
  • 10.30h - 4º infantil.
  • 10.45h - 5ºB infantil.
  • 11.00h - 1º
  • 11.15h - 2ºA
  • 11.30h - 2ºB
  • 11.45h - 3º
  • 12.00h - 4ºA
  • 12.15h - 4ºB
  • 12.30h - 13.00h Recreo.
  • 13.00h - 5ºA
  • 13.15h - 5ºB
  • 13.30h - 6ºA
  • 13.45h - 6ºB

EMISIÓN EN DIRECTO (STREAMING)

Para acceder á emisión en directo, simplemente hai que premer na canle de youtube do noso centro (sección superior no lateral dereito desta páxina) ou tamén premendo na seguinte imaxe. Unha vez dentro da canle de youtube do centro, premer por último no botón "en directo" para poder entrar en directo ás actuacións na hora marcada. Tratarase de ser o máis puntual posible.


Powered by Drupal - Design by artinet