Vídeos para facer unha postal de Nadal

Preme na imaxe para ver uns vídeos sobre como facer unha postal de Nadal.

 

Se queres descargar o programa Inkscape, co que están feitos os vídeos, fai clic aquí.

25N - La puerta violeta

A semana pasada traballamos no centro a canción "la puerta violeta" de Rozalén para conmemorar o 25N (día internacional contra a violencia de xénero). Preme na imaxe para ver o vídeo.

BLOGUE ENGLISH & ART

Queremos convidarvos a visitar o noso blogue "English and Art no Outeiro". Nel publicaremos todo aquilo que estea relacionado coas materias de Inglés e Plástica, dende celebracións, traballos feitos na clase, actividades de repaso e ampliación e moito máis! Podedes premer na imaxe de abaixo "We love English and Art" ou na sección dereita da páxina web.

 

Magosto 2020

Esta ano fixemos un Magosto diferente, pero xogamos e comimos castañas.

 

SAMAÍN 2020

Este ano non puidemos gozar das vosas creacións de Samaín na escola pero creamos un pequeno vídeo do que fixestes nas vosas casas para celebrar esta noite máxica. Grazas a todas e a todos pola vosa participación!  

 

 

COMEZAMOS O CURSO 2021-22!!!

Comezamos o curso cun pequeno resumo das normas a seguir estes días seguindo o protocolo COVID-19.

RETO CORONAVIRUS 10 - MOBILIDADE ARTICULAR

Dende a aula de Educación física e música creamos unha nova sección (no lateral dereito) co obxectivo de traballar contidos comúns das dúas asignaturas cun reto semanal de caracter voluntario. Creemos que esta pode ser unha alternativa para os momentos de ocio e aburrimento. Cada luns un reto novo. Se queres podes grabarte e enviarnos o teu reto conseguido ao correo retocoronavirus@ceipouteirodaspenas.com

Seguimos co reto 10, nesta ocasión traemos unha actividade de movemento articular. Pincha na imaxe para ver o vídeo e un pequeno titorial para que aprendades os movementos.

Para ver os vídeos dos retos anteriores conseguidos polo alumnado, preme no vírus da sección lateral dereita ou AQUÍ.

PLÁSTICA: Colaxe 4º - 6º

"E velaquí estoutra colaxe que recolle, desta volta, os traballos manuais feitos polo alumnado de 4º, 5º e 6º durante este confinamento e esta desescalada. Agardamos que vos guste".

 

PLÁSTICA: Colaxe 1º - 3º

"Velaquí unha colaxe que recolle os traballos manuais feitos polo alumnado de 1º, 2º e 3º durante este confinamento e esta desescalada. Agardamos que vos guste!"

Powered by Drupal - Design by artinet