Skip to Content

DÍPTICO COMEDOR

INCLÚE-T// DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

INCLÚE-T

No mes de decembro conmemórase o DÍA da DIVERSIDADE FUNCIONAL. Unha vez máis, e con motivo desta celebración, visitaron o noso colexio algúns usuarios e persoal do Centro da Fundación  ASPACE para explicarlle ao noso alumnado de 5º de Primaria......

  • que é a paralise cerebral
  • como funciona o seu centro (ASPACE)
  • as diversas formas de comunicarse
  • os talleres nos que traballan
  • os desexos que teñen.......  (preme na foto para ver máis)

Entrega de DIPLOMAS como recoñecemento de titores e titoras No programa TEI

Entrega de DIPLOMAS ás alumnas e alumnos de 5º de Primaria que exerceron como titoras e titores  do alumnado de 3º no programa TEI

Tamén, as profesoras de 3º, entregaron diplomas a todo alumnado deste nivel, en recoñecemento da súa participación no programa.

( Aquí aparecen algunhas fotos representativas do acto )

 

 

Cartas de despedida. Programa TEI

Emotivas CARTAS  de despedida entre titores-titoras (5º primaria) e titorizados (3º Primaria) do programa TEI.

(Preme na foto para ver máis)

Presentación Mundego: VIAJANDO

Relacionado co proxento Mundego- Viaxes, as nenas e nenos da aula de enriquecemento elaboraron este interesante traballo que aquí compartimos con todos vós. PREME NA FOTO  para ver a presentación.

Proxecto de convivencia interxeracional: Traballamos cos nosos maiores

Proxecto de convivencia interxeracional: Traballamos cos nosos maiores, para a sensibilización do noso alumnado sobre as persoas maiores como medida de prevención contra a discriminación.

ACTIVIDADES:

- Visita do alumnado de 4º de primaria para coñercer o Centro de Día de Mondego.

- Traballo conxunto co proxecto da biblioteca, MUNDEGO: na súa visita ao Centro de Día, as nenas e nenos de 4º de primaria expuxeron os traballos que realizaron sobre diferentes países do mundo. Pola súa banda, os/as usuarios/as do Centro de Día, informaron ao alumnado sobre as diferentes formas de viaxar que se empregaban no século pasado.

 

 

Celebramos o Día da Paz, mércores 30 de xaneiro de 2019

Este mércores, 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, cantando cancións todos xuntos e baixo a tutela da nosa animada profe de relixión: LitaSorriso

Tamén se realizaron murais con bonitos debuxos e lemas, e actividades relacionadas co programa TEI (titoría entre iguais)

Preme no corazón e poderás ver fotos dos debuxos e tamén das nenas e nenos cantando e bailando as cancións preparadas para este día.

Celebración do DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Contra a Violencia de Xénero

Anticipándonos ao  25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero

O alumnado do CEIP de Mondego-Sada , interpreta a canción de María Rozalén “LA PUERTA VIOLETA” nun emotivo acto  co que se quere manifestar a repulsa contra a violencia de xénero en todos e cada un dos días do ano. Ao mesmo tempo a actuación tamén serviu para realizar unha actividade de cohesión entre o alumnado de 3º e 5º participante do programa TEI : cada alumna e alumno de 3º interpretou a canción acompañada/o da súa titora ou titor de 5º  (preme para ver fotos, iremos engadindo máis)     

  E... directamente con E.Infantil

O Caderno de Maxín.

Comenzamos un novo curso recollendo as aportacións feitas polas familias nos cadernos viaxeiros que acompañan as  "Mochilas Viaxeiras" que visitan as casas das familias da nosa comunidade educativa.
Estamos a preparar as deste ano, que comenzarán a sua andadura en breve. Desexamos  que disfrutedes de estupendos momentos lectores xuntos no voso fogar.

Revista dixital escolar

Recen saidiña do forno aquí deixamos a nosa revista dixital.

Formación de usuarios

Aprendemos a usar a biblioteca

Asi foi o noso Entroido

Para rematar o Entroido o ENDL fixo unha pequena memoria de como transcurriron na nosa comunidade estas festas tradicionais.

Guía de lecturas

Co gallo do día da Muller traballadora, o Departamento de dinamización da convivencia escolar, o Departamento de Orientación e o equipo da biblioteca temos elaborado unha guía de lecturas que rompan roles estereotipados a nenos e nenas na procura don mundo de igualdade entre homes e mulleres. 

Guía de lecturas 8 de marzo

A paz

No centro celebramos realizando distintas actividades o día mundial da Paz e non violencia, cunha serie de actividades e traballos recollidos aquí-

O Entroido

O equipo de Mormalización para ir preparando as festas de Entroido que se aveciñan ten elaborado un unhas unidades didacticas de dita celebración na nosa bisbarra.

Felicitacion de Nadal

No noso festival Emilio cantou a Capela estas fermosas panxoliñas

h

O Samaín e o Magosto

O ENDL do noso centro, pasou este material informativo para a preparación da celebración do Samaín e do Magosto.

Mochilas Viaxeiras

Novamente, temos en proxecto crear  as "Mochilas Viaxeiras", dentro da nosa programación anual.

O equipo da biblioteca desexa darvos a toda a comunidade escolar por a vosa participación.

Aquí tedes unha recolleita das creacións do "Libro Viaxeiro".

Revista escolar

Recén saida da imprenta aquí está a nosa revista escolar.

O centro

O edificio do centro encóntrase instalado a menos de 2 Kms do núcleo de Sada, nun entorno privilexiado, e rodeado de amplos espacios de zona verde e axardinada, con gran cantidade e variedade de especies arbóreas.

Distribuir contido


by Dr. Radut