Skip to Content

Xornada de actividades asistidas con cans

Hoxe, xoves 16 de abril de 2018 tivemos no colexio unha xornada de actividades de traballo moi especiais con cans, Matilda, Bosco e Venus, unha terapeuta ocupacional e un educador canino de terapias asistidas.
Estas actividades está recollidas dentro do Plan Proxecta " Protexe os animais". Preme na foto para ver máis.

Saída do alumnado de 6º a Sobrado dos Monxes

O alumnado de 6º de educación primaria realizou este mércores unha visita ao mosteiro de Sobrado dos Monxes, coa colaboración do equipo das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A xornada finalizou cunha andaina pola ruta de sendeirismo da Carballeira.

Visita ao MUNCYT 5º EP

O alumnado de 5º de E. Primaria visitou o Muncyt o día 7 de maio de 2019. Preme na foto para ver máis

Ciencia na rúa 2019

O alumnado do CEIP Pedro Barrié de la Maza participou este sábado na XXIV edición da Ciencia na Rúa, amosando as súas experiencias e fomentando o método científico.

Máis actividades TEI

MÁIS ACTIVIDADES TEI

preme na foto e accederás as últimas actividades TEI

Badminton 2019

Este venres 5 de abril de 2019 O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou na actividade deportiva  XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) nunha xornada de bádminton na fase local na categoría de alevíns.

Dende as cinco da tarde e ata as oito e media da noite no pavillón do Club do Mar de San Amaro en A Coruña o noso alumnado  estivo disfrutando do bádminton  con outros participantes do Obradoiro e do propio Clube do Mar. Preme na foto para ver máis

LETRAS GALEGAS 2019

Aquí atoparás Unidades Didácticas e outro material relacionado con ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas deste  ano 2019                       (preme na foto)

Feira matemática 2019

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou o sábado 30 de marzo de 2019 na décimo terceira feira matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática.

A feira, que se desenvolveu en Palexco, A Coruña, contou con postos nos que os estudantes mostraron ao resto de participantes as súas propostas didácticas e actividades matemáticas.

Excursión Castelo Santa Cruz e Museo de Oleiros

O venres 29 de marzo de 2019 o alumnado de 6º de E. Primaria visitou o Castelo de Santa Cruz e o Museo de Oleiros. Preme na foto para ver máis

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2018-2019. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.

Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 11 da Orde de 12 de marzo de 2013, a dirección do IES Isaac Día Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2019-2020.

Semana da prensa

Do día 11 ao 15 de marzo de 2019 celebramos a conmemoración da semana da prensa.

8 de marzo, día internacional da MULLER

Xa chega o Entroido 2019

Xa chega o Entroido!! Desde hoxe martes 26 de febreiro haberá "Mandas de Entroido"; na cabeza de dragón e no rei xigantón estará anunciada a que corresponde para cada día.

Excursión ao Porto de A Coruña

O alumnado de 3ºA e 3ºB de E. Primaria visitaron o día 11 de febrero de 2019 as instalacións do porto de A Coruña, coñecendo as labores e traballos que se realizan no porto.

Preme para ver máis fotos

Entrega de trofeos CAMPO A TRAVÉS, Cambre.

O pasado venres día 8 de febreiro entregáronse os trofeos de CAMPO A TRAVÉS, relativos a carreira celebrada  o 11 de xaneiro . 

Preme para ver máis fotos

 

Admisión 2019 - 2020

Entre o 1 e o 15 de febreiro de 2019:

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos,  artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A)

Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.

A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Entre o 1 e o 20 de marzo de 2019:

ADMISIÓN

As solicitudes de admisión presentaranse:

Xornada de portas abertas curso 2019-20

Xornadas de portas abertas

Pensando na matrícula do próximo curso?

As Xornadas de portas abertas para as familias do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso 2019/2020 xa están aquí!

Todas aquelas familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso centro poderán visitar as instalacións nas seguintes datas:

  • MARTES 19 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00

 

  • XOVES 28 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00

Campo a través Os Menhires 2019

Celebrouse este sábado 26 de xaneiro de 2019, dentro do deporte escolar Xogade, a fase intercomarcal de campo a través “Os Menhires” no parque da Torre de Hércules en A Coruña.
Os resultados foron moi satisfactorios:
1º como equipo en benxamín masculino e 3º en benxamín feminino.

Conciertos didácticos: "La fábrica de los sueños"

Os alumnos de 3º, 4º e 5º de E. Primaria asistiron o mércores 23 de xaneiro ao Palacio de la Opera para ver e escoitar á  Orquesta Sinfónica de Galicia interpretar " La fábrica de los sueños" nunha viaxe pola música de cine.

Visita á Domus e paseo pola Cidade Vella

O alumnado de 5º de E. Primaria visitou a Domus e realizou unha visita pola Cidade Vella o día 22 de xaneiro de 2019.
Preme na foto e poderás ver moitas máis.

Campo a través Acea da Ma 2019

Preme na foto e poderás ver moitas máis.

Comenzó este venres11 de xaneiro de 2019 o campionato de campo a través en Acea da Ma coa participación gran cantidade de atletas escolares.
Cada equipo esta formado por seis corredores, dos que puntuan os catro mellor clasificados.
As clasificacións:
• Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
• Por equipos. A puntuación dos equipos resulta da suma dos puntos obtidos polos 4 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gaña o equipo que menos puntos suma.
Para o Campionato Intercomarcal clasificanse os dous mellores equipos e os oito primeiros/as atletas de cada categoría.
Está previsto que a fase Intercomarcal sexa o vindeiro sábado 26/01/2019 en o parque " Os Menhires, A Coruña.
O noso colexio participou con 47 alumnos e os resultados foron moi satisfactorios, obtindo podio e medalla en casi todas as categorías:

1º na categoría alevín masculino por equipos.

1º na categoría alevín feminino por equipos.

1º na categoría benxamín masculino por equipos.

1º na categoría benxamín feminno por equipos.

2º na categoría infantil feminino por equipos.

Nadal

O Claustro de profesores e as direccións do colexio e a Anpa deséxanlles unhas festas cheas de felicidade e un ledo e venturoso Aninovo

MONDEGO SOLIDARIO

Un ano máis, o noso colexio colabora con CÁRITAS de SADA  con esta campaña de recollida de alimentos. Moitas grazas a todos e todas pola vosa aportación.

Certame de postais de Nadal 2018

Preme na foto e poderás ver unha chea de postais de Nadal elaboradas polas nenas e nenos do noso colexio, desde o máis cativo ata os maiores de 6º de primaria.

Subvención TICS

O Ceip Pedro Barrié de la Maza quere agradecer á Concelleira Delegada de Educación,Xuventude e Saúde do concello de Sada a subvención para material TICS, por un importe de catro mil seicentos corenta euros.

Eleccións Consello Escolar 2018

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE PAIS AO CONSELLO ESCOLAR.

 Circular informativa

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Reunión  dos compoñentes da Xunta Electoral para a admisión e proclamación de candidaturas presentadas polos distintos sectores.

 

ACTA DA PRIMEIRA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL

En Mondego (Sada) ás 11:45 h. do día 5 de novembro de 2018, unha vez constituída a Xunta Electoral que vai regular o proceso de eleccións ao Consello Escolar do Centro, en conformidade co artigo 31.b) do Decreto 92/1988 do 28 de abril, e estando presentes todos os seus membros adóptanse os seguintes acordos:

1.Acórdase fixar o calendario electoral coas seguintes datas:

      29/10/18 Circular informativa aos pais e nais.

      05/11/18 Publicación e reclamación aos Censos Electorais.

      Do 7 ao   14/11/18 (ambos inclusive) Presentación de candidaturas.

      19/11/18 Claustro informativo das normas

      19/11/18 Segunda reunión da Xunta Electoral: -Proclamación de candidaturas – sorteo de compoñentes da mesa   electoral para a votación de pais/nais – Modelo de papeleta de votación 

      26/11/18 Votación sector mestres/as

      26/11/18 Votación sector pais/nais do alumnado.

      27/11/18 Terceira reunión da Xunta Electoral: Proclamación de candidatos elixidos.

      03/12/18 Constitución do Consello Escolar.

2.Acórdase publicar o censo electoral segundo calendario establecido.

3.Acórdase aprobar o modelo de instancia para presentarse como candidato, que se achega coa presente acta.

4.Acórdase enviar circular informativa aos pais/nais de todo o proceso e o calendario electoral.

5.Acórdase fixar a seguinte reunión ás 11:45 h. do día 19/11/18 para atender aos puntos da Orde do Día.

            -Proclamación de candidatos.

            -Aprobación definitiva de censos electorais

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018. SORTEO DOS COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL

 

SORTEO DOS COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL

En Mondego (Sada), no CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA, e sendo as 11:45 h. do día 31 de outubro, procédese a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral, segundo as instruccións da Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG 8 de outubro de 2018)

O director do centro será o presidente da Xunta e velará polo proceso de renovación parcial do Consello Escolar do Centro.

Unha vez realizado o sorteo público saen elixidos:

SECTOR PAIS E NAIS:

1.      Dna. Sandra Babio Suárez                 (titular)

2.      Dna. María Esperanza García Pernas       (suplente)

SECTOR PROFESORADO:

1.      Dna. María José Lorenzo Vilas            (titular)

2.      Dna. Fátima Gómez Carballido             (suplente)

SECTOR ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

1.      Dna. María Victoria Pena Pérez           (titular)

2.      D. Carlos Barrientos Soneira             (suplente)

Actúan como testigos do sorteo:

- Dna.Silvia Vigo Corral               (mestra)    DNI   47385603Z

- Dna. Lucía Palomanes Carreira  (mestra)    DNI   53301425Y

- Dna. Raquel Vilar García           (mestra)    DNI   53301502Z                     

- Dn. Alberto Herreras Valbuena  (mestre)    DNI   09744098X    

- Dn. Carlos Barrientos Soneira  (conserxe)  DNI   76320673A

- Dn. Odilo Airas López              (director)   DNI   34721287G

 

CIRCULAR INFORMATIVA Nº1: SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

A resolución de 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (D.O.G. 08/10/2018) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.

O Proceso, na parte que implica aos pais e nais dos alumnos, segue os seguintes pasos:

  1. Sorteo de membros da Xunta Electoral.
  2. Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
  3. Presentación de Candidaturas.
  4. Publicación dos Censos Electorais.
  5. Proclamación de candidaturas.
  6. Presentación de reclamacións, se as houbera
  7. Votación e escrutinio.
  8. Proclamación de candidatos elixidos.
  9. Constitución do Consello Escolar.

O Sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL realizarase o mércores  31 de outubro ás 11:45 horas. Unha vez constituída (día 5  Nov.) emitirase información puntual do proceso mediante circulares.

Excursión 5º de E. Primaria Acuario

O alumnado de 5º de E. Primaria visitou o Aquarium Finisterrae, "Casa de los Peces", e a Torre de Hércules o día 16 de novembro de 2018. Preme na foto e poderás ver moitas máis.

A festa do magosto 2018

Celebramos o magosto asando e comendo castañas! Novembro 2018. Preme nas fotos e poderás ver moitas máis. 

 

                           

E..... directamente con E.Infantil (preme aquí)

Distribuir contido


by Dr. Radut