Skip to Content

ENTROIDO 2022

Este ano celebramos o ENTROIDO cun "Atranque das Xeneralas" seguido dun desfile de comparsas.

 

 

 

 

Admisión de alumnado para o curso 2022-2023

A partir do 1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2022/2023.

 Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:15h. a 14:15h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022-2023
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 21 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 24 de marzo ao 6 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  22 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

COÑECE O NOSO COLE

Visita da escrito Rosalía Morlán no Día de Rosalía de Castro

Hoxe visitounos a poeta Rosalía Morlán coa que gozamos dunha xornada chea de conversas e agasallos: un poema para o noso colexio, unha árbore e peixe das palabras e unha galiña!!

           

 

ENTROIDO 2022

DÍA DA PAZ 2022

A galería dos libros: "A despensa máxica"

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Normativa de aplicación
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I

Viondi TV. A galería dos libros: "Preguntas y respuestas"

Viondi TV. O que o ollo non ve. Móvense?

Distribuir contido


by Dr. Radut