Skip to Content

3º ciclo Ed. Primaria

IMOS A RADIO ESTRADA CON LUÍSA VILLALTA

Un sábado máis  asistimos ao programa "OS RECUNCHOS DA LINGUA", con Isa Durán e Pilar Bernárdez. Eider, Bruno e Celia compartirón cos  ointes a biografía de Luísa Villalta.

 

https://go.ivoox.com/rf/128749824

ENCONTROS CO PROFESOR CARLOS LOUREIRO

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nunhas charlas  impartidas polo profesor e escritor Carlos Loureiro, sobre a emigración galega en especial a estradense a Cuba.Foi moi interesante. 

Montaxes finais esgrima

Na área de Educación Física levamos a cabo un traballo a través da esgrima, no que despois de coñecer as técnicas principais e levar a cabo combates, o noso produto final foron as seguintes montaxes (loitas escénicas).

MAQUETA: AS CAPAS DA TERRA

Coñecer o planeta no que vivimos sempre resulta interesante para o alumnado. Este curso despois de estudar as capas da Terra, o alumnado de 5º de Ed. Primaria, fixo unha maqueta para afianzar os seus coñecementos. Aquí vos deixamos unha mostra do traballo feito. 

 

Materias: Lengua, lingua, Cienicas Sociais, Ed. Plástica.

Competencias: CPSAA, CCL, STEM, CD, CE

CHAPAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Cada ano conmemórase,o 8 de marzo,  o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Primaria estiveron investigando sobre esta efeméride. Fixeron uns traballos empregando medios audiovisuais e cartolinas nos que se recollen as súas pescudas. Para finalizar esta tarefa, aprenderon de forma autónoma a empregar a máquina de chapas deixando un manual de usuario na aula de Polos Creativos e crearon unhas chapas personalizadas con mensaxes do 8M.

Coas súas chapas queren dar visibilidade á loita continuada do feminismo a favor dos dereitos da muller.

 

 

A igualdade non é un agasallo, é un dereito. ABRAZA A IGUALDADE!

 

 

 Competencias: CCL, STEM; CD, CPSAA, CE, CCEC, CC

Mateiras: Lingua castelá, linuga galega, matemáticas, ciencias sociais, Ed. Plástica e audiovisual. 

 

PAPAR CON SENTIDIÑO!

 O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo estudando a importancia de manter unha dieta saudable. Despois de facer un estudo da roda de alimentos e das cantidades recomendables de cada grupo  que se deben comer diariamente. Chegaron á conclusión de que é moi importante que o noso plato teña MOITA COR! isto quererá dicir que ten moitas verduras, hortalizas e froitas.

  •   Elaboraron individualmente, seguindo as indicacións da pirámide de alimentos, un menú saudable.  
  •   Tamén coñeceron e empregaron a App Yuka analizando a calidade das súas merendas; facéndose máis conscientes de se son saudables ou non. O Yuka ofrécelles alternativas a produtos similares pero de maior calidade. Estes foron algún dos resultados da análise.

 

 

   

 

  • Para finalizar, comeron palomitas de millo seguindo as intrucións de uso dunha máquina de facer palomitas de millo natural. Leron, fixeron un texto instrutivo e levando a cabo cada paso  das intrucións; degustaron palomitas, recién feitas, de millo “ de verdade”. Todo un descubrimento!

 

Competencias: CCL, STEM, CPSAA, CE

Materias: Lingua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias naturais.

KAMISHIBAI

O KAMISHIBAI  é unha maneira moi popular xaponesa de contar historias empregando ilustracións, textos e a voz dun narrador ou narradora.

O alumnado, de Proxecto Competencial, de 5º  de Ed. Primaria adicouse durante un tempo deste curso a  crear e recrear  historias para despois contalas neste formato. Botáronlle imaxinación para crear as historias e ilustralas. Logo plastificaron no formato axeitado, a continuación ensaiaron e finalmente actuaron para o público máis selecto:  Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. 

     

 Competencias: CCL, CPSAA, CE, CCEC

Materias: Lingua galega, matemáticas, ciencias sociais, ciencias naturais, Ed. plástica e visual.

Entroido tradicional de Vilardevós

Entroido tradicional, Vilardevós ( Ourense). Chocalleiros

 

Curso 2023/24

 

Obxectivos:

 

  • Coñecer o entroido tradicional de Viladervós ( Ourense)
  • Elaborar un traxe de Chocalleiro

 

Competencias: CCL, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

 

Materias: Lingua galega e literatura, Educación plástica e visual e ciencias sociais.

 

Tarefa:

 

            O noso centro participa nun programa relacionado co entroido tradicional dos diferentes lugares de Galicia. Este curso o entroido escollido son os Chocalleiros de Vilardevós en Ourense.

 

                O alumando de 6º curso disfrazámonos de Chocalleiros e fomos o 2 de febreiro ata Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde se celebra a mostra de entroido tradicional.

 

                A primeira parte foi a investigación do traxe e da zona onde é tradicional.

 

                A segunda parte é a elaboración do traxe. Para iso o alumnado tivo que traer unha tela que sería a base da capa. As cintas de cores neste caso  as fixemos de bolsas de lixo recortadas. O alumnado en grupos de traballo, preparaba, recortaba e clasificaba as tiras. Despois eses mesmos grupos dedicouse a pegar esas tiras na capa.

    

 

       

         Por outra banda elaboráronse as “botas” e os gorros de Chocalleiros engadíndolles a mascota do centro “Viondiño”.

   

 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALIA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO E OS OUTROS CENTROS DE PRIMARIA

Celebramos o día de Rosalía en colaboración co Concello e os outros centros de primaria no Teatro Principal. Alumnos/as leron poemas de Rosalía . Do noso centro Valentina leu o poema "Tecín soia a miña tea" e Mauro leu "Meses do inverno frío".

Tamén se estreou o video O PELOURO QUE RODA, onde a Banda da Loba puxo música a este poema. Alumnado dos centros de primaria participou no video,  que foi realizado por Lucas Terceiro e Paula Cereixo.

 

 

ATRANQUE DAS XENERALAS 2024

Un ano máis chegou polo Entroido o atranque das xeneralas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut