Skip to Content

Entroido tradicional de Vilardevós

Entroido tradicional, Vilardevós ( Ourense). Chocalleiros

 

Curso 2023/24

 

Obxectivos:

 

  • Coñecer o entroido tradicional de Viladervós ( Ourense)
  • Elaborar un traxe de Chocalleiro

 

Competencias: CCL, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

 

Materias: Lingua galega e literatura, Educación plástica e visual e ciencias sociais.

 

Tarefa:

 

            O noso centro participa nun programa relacionado co entroido tradicional dos diferentes lugares de Galicia. Este curso o entroido escollido son os Chocalleiros de Vilardevós en Ourense.

 

                O alumando de 6º curso disfrazámonos de Chocalleiros e fomos o 2 de febreiro ata Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde se celebra a mostra de entroido tradicional.

 

                A primeira parte foi a investigación do traxe e da zona onde é tradicional.

 

                A segunda parte é a elaboración do traxe. Para iso o alumnado tivo que traer unha tela que sería a base da capa. As cintas de cores neste caso  as fixemos de bolsas de lixo recortadas. O alumnado en grupos de traballo, preparaba, recortaba e clasificaba as tiras. Despois eses mesmos grupos dedicouse a pegar esas tiras na capa.

    

 

       

         Por outra banda elaboráronse as “botas” e os gorros de Chocalleiros engadíndolles a mascota do centro “Viondiño”.

   

 



page | by Dr. Radut