Skip to Content

Actividades.

SEMANA DO LIBRO

Celebramos a semana do libro facendo diferentes actividades, entre elas :viaxando nas súas  páxinas e descubrindo os seus personaxes.Tamén debuxamos e coloreamos as súas portadas.

 

ENCONTROS CO PROFESOR CARLOS LOUREIRO

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nunhas charlas  impartidas polo profesor e escritor Carlos Loureiro, sobre a emigración galega en especial a estradense a Cuba.Foi moi interesante. 

ENTREVIS A ACTIRZ GALEGA PALOMA OTERO

 Este xoves 18 de abril tivemos a oportunidade de facerlle unha entrevista a actriz galega

Paloma Otero. Por un rato, transformamos o noso salón de actos nun estudo de gravación de tv real na compaña da actriz.

Este traballo inclúese na actividade DINAMIZA TV, organizado polo Concello, e no que participan os centros educativos da vila.

COMPETENCIAS: CCL, CD, CPSAA, CC, CCEC

MATERIAS: Lingua, Sociais, Plástica e Audiovisuais.

NO BICO DO VENTO

Charo Golmar, madriña da X Festa das Palabras, presentou no Mome o seu libro "No Bico do Vento". Alumnos/as dos centros estradenses fixeron as lecturas. Samara leu o poema Muiñada.

Día de Rosalía

No día de Rosalía regalamos versos ao alumnado, familias, profesorado, e todo aquel que quixo recibir un verso de Rosalía.

DÍA DA MULLER

 O alumnado de 3º e 4º de primaria investigaron e debuxaron a mulleres galegas, que desenvolveron un papel importante ao longo da Historia.Tamén falamos e escribimos sobre a igualdade na nosa sociedade.

Competencias:CCL,CD,CPSAA, CC, CCEC.   Materias:Lingua Galega e Plástica e audiovisuais.

Entroido tradicional de Vilardevós

Entroido tradicional, Vilardevós ( Ourense). Chocalleiros

 

Curso 2023/24

 

Obxectivos:

 

  • Coñecer o entroido tradicional de Viladervós ( Ourense)
  • Elaborar un traxe de Chocalleiro

 

Competencias: CCL, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

 

Materias: Lingua galega e literatura, Educación plástica e visual e ciencias sociais.

 

Tarefa:

 

            O noso centro participa nun programa relacionado co entroido tradicional dos diferentes lugares de Galicia. Este curso o entroido escollido son os Chocalleiros de Vilardevós en Ourense.

 

                O alumando de 6º curso disfrazámonos de Chocalleiros e fomos o 2 de febreiro ata Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde se celebra a mostra de entroido tradicional.

 

                A primeira parte foi a investigación do traxe e da zona onde é tradicional.

 

                A segunda parte é a elaboración do traxe. Para iso o alumnado tivo que traer unha tela que sería a base da capa. As cintas de cores neste caso  as fixemos de bolsas de lixo recortadas. O alumnado en grupos de traballo, preparaba, recortaba e clasificaba as tiras. Despois eses mesmos grupos dedicouse a pegar esas tiras na capa.

    

 

       

         Por outra banda elaboráronse as “botas” e os gorros de Chocalleiros engadíndolles a mascota do centro “Viondiño”.

   

 

Rosalía en Cancións

24 Febreiro, 2024 - 16:05 — mtcarbajales

Este mes estivemos escoitando poemas musicados de Rosalía de Castro, para relaxarnos, motivarnos e sobre todo para aprender sobre esta autora e o que significa para os galegos/as. 

Irene, Leire e Ilda estiveron no programa "Os Recunchos da Lingua" de Radio Estrada para falar das múltiples versións do poema NEGRA SOMBRA. Foi moi emotivo e gustounos moito.

Distribuir contido


by Dr. Radut