Skip to Content

Actividades.

DÍA DA PAZ

Celebramos o día da paz escribindo frases de personaxes célebres e máis os nosos desexos para acadar aPaz no mundo, despois fixemos debuxos e carteis cos que decoramos as nosas árbores da Paz.

DOCUMENTAL "ENTROIDO DE VILARDEVÓS"

O alumnado do  3º ciclo, de Ed. Primaria, estivo traballando sobre o Entroido tradicional galego centrándose no concello ourensán de Vilardevós co gallo da XI Mostra de Entroido de Lamas de Abade que este ano se centra na figura do chocalleiro.

Velaí vai o documental que recolle a esencia deste Entroido!

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CE, CCEC

Materias: Lingua galega, ciencias sociais.

COMPARTIMOS A MAXIA DO NADAL

Compartimos a maxia do Nadal cos CEIPS do noso concello e máis cos CEIPS Barrié de la Maza de Santa Comba e Pedrouzos de Brión, intercambiamonos postais  de felicitación para desexarnos felices festas e aninovo. 

FESTA DA POESÍA NA ESTRADA

Celebramos a Festa da Poesía no teatro Principal recitando poemas.Participou alumnado de todos os centros do concello, membros da corporación e representantes do gremio de escritores. Do noso centro participaron Ferdaws e Lucas ,que leron poemas de Antonio García Teijeiro.Tamén se fixo entrega do premio Avelina Valladares ao escritor Manuel López.

 

Isto vai de película!!!

Proxecto audiovisual integramente desenvolvido polo alumnado de 4º de Primaria e que consistiu en:

 1ª FASE de PREPRODUCIÓN:

Preparación da entrevista coa directora de cine Olga Osorio.

Visionado no cine da película "Salta".

Creación do guión e necesidades (casting, localizacións, escenografía) para o rodaxe do trailer da película.

 2ª FASE de RODAXE:

Orde de rodaxe.

Scrip.

Rodaxe da entrevista e da creación artística.

Ensaios e rodaxe do trailer.

3ªFASE de POSTPRODUCIÓN:

Montaxe e edición.

 

 

 COMPETECIAS:CCL, STEM, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

Materias: Matemáticas, Lengua, Lingua, E. Plástica e Visual, Música, Sociais e Naturais.

PULCINELLA E A MÁSCARA MÁXICA

O pasado 1 de decembro o alumnado de 4º de Primaria disfrutou dun concerto no auditorio de Galicia. Foi unha marabillosa conxunción de música, teatro e danza.

VI MOSTRA DE TEATRO OLIMPIO ARCA CALDAS

o luns 27 de novembro o alumnado de 4ºB participou na "VI mostra de teatro Olimpio Arca Caldas" coa adaptación do conto "Dez Vagalumes" de Xoan Babarro González.

 

 COMPETECIAS:CCL, STEM, CPSAA, CC, CCEC

Materias: Matemáticas, Lingua, E. Plástica e Visual, Música, Sociais e Naturais.

COÑECENDO MÁIS A GARCÍA BARROS

Continuamos coa tarefa iniciada o curso pasado de aprender sobre García  Barros, despois de ler nas aulas algún dos seus contiños, Violeta,Martín e Nicolas foron aos Recunchos da Lingua  a ler o conto " O RAPOSO E O GALO". 

EN HARMONÍA

No Pérez Viondi celebramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller en HARMONÍA, facendo autorretratos.

"TODAS/OS DIFERENTES PERO TODAS/OS IGUAIS"

 

carreira solidaria

O pasado 17 de novembro celebramos a carreira solidaria a volta ao cole para recaudar fondos contra a leucemia infantil, a favor da asociación unoentrecienmil. aqui vos deixamos unha pequena mostra.

 https://youtu.be/MZkPkPDhMZk

Distribuir contido


by Dr. Radut