Skip to Content

ADMISIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

A partir do 1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2024/2025.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 09:15h. a 14:15h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo  Do 21 de marzo ao 11 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Reclamación ás listaxes provisionais  Do 26 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Día de Rosalía

No día de Rosalía regalamos versos ao alumnado, familias, profesorado, e todo aquel que quixo recibir un verso de Rosalía.

FILLOAS DA PEDRA

 O pasado xoves de Entroido a avoa duns alumnos do noso centro veu ensinarnos como se fan as filloas na pedra. Ademais de explicarnos  a elaboración do amoado poidemos degustalas. Grazas Maruja por darnos a coñecer de primeira man esta tradicional receita galega.

 

     

 

ATRANQUE DAS XENERALAS 2024

Un ano máis chegou polo Entroido o atranque das xeneralas!

 

DOCUMENTAL "ENTROIDO DE VILARDEVÓS"

O alumnado do  3º ciclo, de Ed. Primaria, estivo traballando sobre o Entroido tradicional galego centrándose no concello ourensán de Vilardevós co gallo da XI Mostra de Entroido de Lamas de Abade que este ano se centra na figura do chocalleiro.

Velaí vai o documental que recolle a esencia deste Entroido!

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CE, CCEC

Materias: Lingua galega, ciencias sociais.

Volver a casa por Nadal

Festival de Nadal E.I. 2023

Este vídeo non podemos reproducilo directamentePero si clicades na imaxe poderedes velo doutro xeito (desculpade as molestias).

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut