Skip to Content

3º ciclo Ed. Primaria

ATRANQUE DAS XENERALAS 2024

Un ano máis chegou polo Entroido o atranque das xeneralas!

 

DOCUMENTAL "ENTROIDO DE VILARDEVÓS"

O alumnado do  3º ciclo, de Ed. Primaria, estivo traballando sobre o Entroido tradicional galego centrándose no concello ourensán de Vilardevós co gallo da XI Mostra de Entroido de Lamas de Abade que este ano se centra na figura do chocalleiro.

Velaí vai o documental que recolle a esencia deste Entroido!

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CE, CCEC

Materias: Lingua galega, ciencias sociais.

Mostra de entroido

 

O ENTROIDO DE VILARDEVÓS

 

A escola é unha institución educativa e polo tanto todas as tarefas, actividades e festividades que aquí realizamos deben de ter un compoñente educativo.

 

O entroido como tal, e un ben cultural e nos serve como escusa para traballar a educación en valores, a música, a educación plástica e no noso caso a cultura galega, pensade que se estuda declarar o entroido galego como ben de interese cultural. O currículo ten moitas referencias que apoian este traballo, con indicacións continuas ao coñecemento da cultura galega.

 

O noso centro participa nun programa relacionado co entroido tradicional dos diferentes lugares de Galicia. Este curso o entroido escollido son os Chocalleiros de Vilardevós en Ourense.

 

O alumando de 6º curso disfrazarémonos de Chocalleiros e iremos o 2 de febreiro ata Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde se celebra a mostra de entroido tradicional.

 

Nas seguintes imaxes podedes ver como son os Chocalleiros.

 

  A parte máis complexa da vestimenta esta na capa de cintas de cores. Neste enlace podedes ver como elaboran unha desas capas.

 

 

PROPOSTA DE ELABORACIÓN:

 

  • Que o alumnado elabore no centro as capas e o gorro.

  • Para a elaboración do gorro o material o aporta na súa totalidade o centro .

  • Para as capas propoñemos que o alumnado traia da casa a tela (vale calquera cor).

 

          

1 m

 

 

  • As cintas as elaboraremos de bolsas de lixo de diferentes cores e as pegaremos no colexio

  • O resto da vestimenta é un pantalón e unha camisa branca, unha garabata de calquera cor e un pedazo de tela a modo de cinto.

 

Deste xeito pretendemos que o alumnado elabore o seu propio disfrace , que poidamos usar material de baixo custo abaratando o prezo da vestimenta e realizar unha actividade de xeito colaborativo.

 

FESTA DA POESÍA NA ESTRADA

Celebramos a Festa da Poesía no teatro Principal recitando poemas.Participou alumnado de todos os centros do concello, membros da corporación e representantes do gremio de escritores. Do noso centro participaron Ferdaws e Lucas ,que leron poemas de Antonio García Teijeiro.Tamén se fixo entrega do premio Avelina Valladares ao escritor Manuel López.

 

INFORMATIVOS SAMAÍN 23

Polo Samaín, os nenos e nenas de quinto estiveron investigando sobre as costumes e lendas que hai en Galicia ao redor desta data. Con toda a información recadada quixeron elaborar uns informativos  para dar a coñecer a nosa cultura que é tan importante como a que nos ven cada vez máis imposta desde outros países lonxanos. Coñezamos e valoremos as nosas costumes e cultura para que permanezan no legado.

Preme na seguinte ligazón para acceder á lista de reprodución dos informativos: INFORMATIVOS "SAMAÍN"  

 

Competencias: CCL, CPSAA, CD, CE, CCEC 

Materias: Lingua galega, ciencias socias, ciencias naturais.

PODCAST : CONTOS DE CALACÚS ... PARA QUE CHE DEA UN PATATÚS!

Preme na ligazón para acceder aos podcast :CONTOS DE CALACÚS ... PARA QUE CHE DEA UN PATATÚS!

O alumnado de quinto de Ed. Primaria estivo facendo un obradoiro de contos polo Samaín. Creáronos en grupos e graváronos para finalmente editalos. Aquí vos deixamos a mostra. Agardamos gocedes deles!

Competencias: CCL, CPSAA, CD, CE, CCEC, STEM 

Materias: Lingua galega, ciencias naturais.

LEMBRAMOS A AVELINA VALLADARES

O sábado 21 volvemos a Radio Estrada a "Os Recunchos da Lingua" con Pilar Bernárdez e Isa Durán,que lle dedicaron os programas deste mes a esta ilustre escritora estradense ,porque se cumpren 198 anos do seu nacemento (23/10/1825).

Alumnos/as de varios centros acudimos a radio para homenaxear á cantora da Ulla .Do Pérez Viondi , Samara e Xoel de 5º contaron a excursión dos seus grupos a Berres e Vilancosta,descubrindo a Avelina, ademais leron unhas estrofas do poema "Ulla".

 

O paso do tempo, MUDOUNOS?

O alumnado de quinto de Ed. Primaria fixo unha tarefa en relación á visualización da película galega "Salta". En primeiro lugar preparou unha enquisa dirixida ás familias para extraer datos de como mudou o comportamento e hábitos socias entre os anos nos que dircorre a película (1945,1985) e actualidade. A continuación recolleron os datos da enquisa e fixeron unha gráfica que reflicte o cambio social en relación á lingua falada e aos xogos que se empregan no tempo de lecer. Despois foron ao cine, alí ademais de ver a película e fixarse nos detalles de como mudou a sociedade nas tres épocas nas que discorre a trama, socializaron entre as tres aulas tendo un tempo de lecer en común. Para finalizar fixeron unha entrevista á directora da película Olga Osorio. Algún deles será o próximo director ou directora de cine?

Competencias: CCL, CPSAA, CE, STEM

Materias: Lingua galega, matemáticas, ciencias socias.

Distribuir contido


by Dr. Radut