Mér, 01/05/2024 - 10:30 equipo Tic do Ceip do Pindo
Seguimos celebrando a semana do libro. Hoxe, os nenos de 3º léronlle "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e "Os sete irmáns chineses" aos nenos de infanti.
Ven, 26/04/2024 - 16:06 equipo Tic do Ceip do Pindo
Esta semana veu cargada de charlas e obradoiros.
Nesta última, Pili explicounos sen prexuízos nen tabúes que o noso corpo é noso. Presentounos o conto "Tu cuerpo es tuyo", de Lucía Serrano, moi recomendable para normalizar o tratamento destes temas e para falar sobre a igualdade e o respecto ás diferenzas, tanto no cole como na casa.

Mér, 24/04/2024 - 12:00 equipo Tic do Ceip do Pindo
Días da hixiene bucodental e da saúde.
Vanesa e Irene, gracias pola vosa visita. A charla foi súper interesante e, mestras incluídas, aprendimos moito sobre a hixiene bucodental. Tamén estamos agradecidos e agradecidas coa farmacia do Pindo, que colaboraron cuns agasaios moi chulos e útiles.
Mar, 23/04/2024 - 18:00 equipo Tic do Ceip do Pindo
Co gallo do Día do Libro (23 de Abril), no cole decidimos celebralo ao grande adicando unha semana chea de actividades nas que os nenos, nenas e profes imos a mergullarnos no mar dos libros e os contos. Entre outras propostas imos a contar cun expositor dos novos libros do cole e teremos sesións diarias de contacontos onde os nenos e nenas serán os protagonistas.
Aquí vos deixamos tamén fotos dos maiores do cole lendo o conto "Si, somos raros" aos nenos de infantil
Mar, 23/04/2024 - 12:00 equipo Tic do Ceip do Pindo
Augas de Galicia estivo hoxe no cole impartindo uns obradoiros moi interesantes sobre os nosos ríos, as vantaxes e desvantaxes das inundacións e qué medidas debemos adoitar para a prevención de riscos nas zonas máis sensibles a estas inundacións.
Foi moi ameno e todos desfrutamos como verdadeiros científicos e científicas.
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades como o pasamos...