Skip to Content

PARABÉNS, MATILDE!

Hoxe está de aniversario unha das "peques" do cole!

Aínda que xa vedes que xa se está convertindo nunha das grandes!

Celebrámolo onte todos xuntos cunha torta que nos fixo querer máis.... Aquí tedes algunha fotiño do momento para que vexades por vós mesmos!

 

MANDADOS DO MECO

E como sempre por estas datas, chegan os mandadiños do Meco!

Agradecemos especialmente á ANPA pola súa inestimable axuda!

Este ano, co gallo dos xogos Olimpíndicos, temos un Meco deportista. A ver que mandados nos vai deixando!

 

Día de Rosalía

Como non podía ser doutra maneira, no CEIP do Pindo tamén celebramos o día de Rosalía!

 

30 de xaneiro - Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Hoxe, como cada 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, co fin de fomentar valores como a tolerancia, o entendemento e o respecto mutuo entre persoas.

Aquí vos deixamos unhas fotiños de como pasamos o día na escola!

Poema redactado por Adriana, de 3°, escollido  para recitar entre todos para todos.

 

Tamén pegamos persoas con mensaxes de paz no deporte, recitamos poemas, de forma voluntaria algúns tocaron o himno da alegría coa frauta, cantamos con língua de signos "apertas que voan"

 

 

 

 

 

.

 

DIA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Hoxe, 24 de Xaneiro, é o día Internacional da Educación. 

 

A Unesco adicou o día de hoxe "ao papel que desenvolven educación e docentes na loita contra o discurso do dio, un fenómeno que se ten multiplicado nos últimos anos co uso das redes sociais, danando o tecido das nosas sociedades"

Así, nas aulas de Primaria adicamos unha parte do día de hoxe a esta efeméride:

 

 

Tedes mais información no seguinte link: https://www.unesco.org/es/international-day-education

PARABÉNS, CARLOTA!

Aínda non estabamos ben recuperados da festa de onte, e hoxe foi Carlota a que cumpriu anos!

 

Xa ten 11 anos! O tempo voa!!!!

 

Deixámosvos unha foto para que xulguedes por vós mesmos!

 

PARABÉNS, CARLO!

 

PARABÉNS, JIMENA!

Esta semana na clase de 4º, 5º, e 6º, estamos de celebración!

 

Jimena cumpriu 10 anos o pasado Domingo,  e celebrámolo hoxe, e ben celebrado!

 

Suben os anos de Jimena e o azúcre de todos! A que se vos fai a boca auga???

 

 

Parabéns, Jimena!!!

Medalleiro do cross

Trouxemos algunha medalla.

Noraboa!.

Saguide así!

Medalleiro do cross

cross en Cee

Hoxe o noso alumnado participou na carreira de cross celebrada en Cee.

Reto superado. Todos conseguimos chegar a meta, ademais de pasar unha mañan divertida.

Repetiremos!!!!

cross en Cee

PARABÉNS, LEIRE

 

Rematamos a primeira semana do segundo trimestre da mellor forma que sabemos... de festa!

Aínda que Leire estivo de aniversario o pasado 31Dec, celebrámolo todos xuntos esta semana... Aquí vos deixamos un documento gráfico!

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut