Skip to Content

PARABÉNS, NAIA

Esta semana temos que adicarlle este muro a NAIA, que xa chegou aos 7!

 

Aquí vos deixamos unhas fotiños coa torta! Xa solo con mirar para ela se fai a boca auga, non si?

 

ICTUS

Os nenos de 6º dannos unhas pautas para poder detectar un Ictus a tempo

 

OUTONO EN INFANTIL

Vai rematando o Outono, e aquí vos deixamos os traballos que fixeron os nosos compañeiros de infantil. Traballaron con elementos da natureza. 

Fixeron un traballo espectacular!!!

 

 

PARABÉNS, MATEO!

Hoxe foi Mateo o que estivo de aniversario!

Xa ten unha década! Ademáis, trouxo dous biscoitos, con e sen chocolate, para diversos gustos Canso Estaban ben bos!

Aquí vos deixamos unhas fotiños soprando nas velas!

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Ola!

 

Esta semana traballamos arreo! Desta volta, traémosvos imaxes do día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Dende o concello, viñeron a facernos unhas chapas:

En Infantil fixeron un póster ben chulo!

Os "medianos" do cole traballaron o conto e canción de "SuperLola", unha nena da que todxs queremos ser amigxs:

 

E os maiores estiveron facendo un mural:

 

Así quedou:

Saída á farmacia

Hoxe, os nenos de infantil saíron á farmacia, onde os mediron e os pesaron, e incluso lle deron un agasallo!

Agradecémoslle moito a súa amabilidade e a súa atención!

Día dos dereitos do neno

Co gallo do día universal do neno, na escola estivemos mirando os principais dereitos que temos...

 

Aquí vos deixamos algunhas fotiños para que vexades que ben o pasamos!

 

 

 

PARABÉNS, LEIKI!

Seguimos de festa!!!

Hoxe foi Leiki a que celebrou o seu aniversario! (Aínda que foi onte o seu día especial, decidiron espaciar as festas.... son listas coma allos!)

Neste caso, non houbo torta... houbo magdalenas...e nin a proba quedou... debían de estar boas!

 

Aquí vos van as fotos deste día tan especial! 

Leiki, unha vez máis, Happy Birthday!

 

PARABÉNS, ADRIANA

Na clase de 1º, 2º e 3º hai festa tódolos días!

Está claro que son os donos de Novembro, e onte foi Adriana a que estivo de aniversario...

Para celebralo, trouxo á escola unha torta pola que houbo leas! Tod@s queríamos os lacasitos!

Aquí vos deixamos unhas fotos para que se vos faga a boca auga!

 

PARABÉNS, MARA!

E hoxe foi Mara a que estivo de aniversario! Os seus compañeiros cantáronlle, e comeron o pastel con tal rapidez que nin tempo houbo a sacarlle unha foto!

Aquí a tedes, xa con 7 anos!

Distribuir contido


by Dr. Radut