Come Local

 O CEIP Pobra de Brollón é un dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL", campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (@experienciasdecalidadegalicia).

Entre outras cousas, estase achegando varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.

A este centro xa chegaron as fabas da IXP Faba de Lourenzá,

eco-froita, queixo da DOP Arzúa-Ulloa, mel da IXP Mel de Galicia e máis produtos de horta ecolóxica procedentes de pequenos produtores galegos.

Outras das accións que se están a facer dentro desta campaña, é o establecemento de sinerxías con produtores galegos con certificado de calidade DOP, IXP e Ecolóxico de proximidade; axuda con ferramentas que faciliten o cálculo do gasto “escandallo”; accións formativas dirixidas a equipos de cociña, equipos directivos e estudantes; e asesoramento ao persoal de cociña sobre aprovisionamento.

#volveaComeLocal #GaliciaEtiquetaCalidade #Comelocal2023 #ExperienciasDeCalidadeGalicia #CalidadeAlimentaria #GaliciaComeLocal #Axenda2030 #ODS2 #ODS4 

#ODS8 #ODS11 #ODS12 @slowfoodcompostela

 

Celebramos o entroido.

Chegou o entroido e celebrámolo traballando sobre os diferentes personaxes do entroide en Galiciam facendo fincapé no oso de Salcedo e en como se organiza o entroido no nosa zona. Así, celebramos os xoves de compadres e comadres facendo un compadre e unha comadre de palla, coma era tradicional.

Finalmente queimamos o compadre, a comadre librou por mor da chuvia...

Día da Paz.

Este ano celebramos o día da Paz cunha canción orixinal titulada "As frores da paz". Cada alumnx dixo a súa frase sobre a paz ao tempo que colocaba a súa flor nun maceteiro, ambos os dous feitos na clase. Podedes ver o vídeo que se fixo sobre esta actividade no curso de famlias.

Reserva de praza no CEIP Plurilingüe da Pobra do Brollón

Xa se pode solicitar praza para o próximo curso no CEIP Plurilingüe da Pobra do Brollón.

O prazo vai desde o día 1 ao 20 de marzo.

Agardámosvos!!!

Xornada de portas abertas.

Merendas saudables.

Por favor, que o alumnado de Educación infantil, por seguridade, non traia froitos secos.

Festival de Nadal

O 21 de decembro celebramos o clásico festival de Nadal.

Tivemos baile, cancións, teatro... tamén tivemos a moita xente que veu copartir con nós esta data. Grazas!!!

Despois tivemos a visita do Apalpador e todxs xs nenxs do colexio foron tras del pola Pobra adiante.

Celebramos o Magosto.

O pasado venres día 10 de novembro celebramos o magosto.

Ao longo da semana traballamos a secuencia didáctica "O magosto" na que aprendemos o que significa esta celebración tradicional, de onde ven... e tamén fixemos, a pesares do mal tempo, xogos tradicionais no polideportivo e un obradoiro de contrución de bonecos con castañas.

Finalmente, asamos as castañas na cociña e comémolas...

No curso de familias tedes a secuencia didáctica sobre o magosto e máis imaxes dese día.

O Samaín.

O día 31 de outubro celebramos o Samaín coas seguintes actividades:

  1. "Decoramos" un pouco o colexio.
  2. Fixemos unha exposición de vasoiras feitas polo alumnado.
  3. Traballamos unha secuencia didáctica sobre o Samaín, as súas orixes, algunhas curiosidades...
  4. Fomos a unha sesión de contacontos, promovida pola ANPA (moitas grazas), ao Centro de Día. Alí, Atenea García (grandísima contadora) contounos uns contos.
  5. Na biblioteca "Olga Novo" do noso colexio, os maiores (co respaldo da pantalla) contaron contos de medo.
  6. Rematamos coa degustación dun menú terrorífico.

Tedes máis fotos no curso de pais.

Distribuir contido